Crise nutricional no Sahel
Calcúlase que na rexión do Sahel, en África, 1.025.000 nenos sufrirán desnutrición grave o próximo ano, poñendo en risco as súas vidas. UNICEF prepárase para afrontar o que describe como un "reto enorme" e xa está a ordenar a distribución de alimentos terapéuticos e subministracións de emerxencia.
A oficina deUNICEF en África occidental e central estima que o maior número de casos de nenos menores de cinco anos con desnutrición aguda grave estará en Níxer, cuns 330.600 casos detectados ata o momento. Outros países e rexións onde se espera que a infancia vai necesitar unha atención especial son Chad, o norte de Nixeria, o norte de Camerún, Burkina Faso, Malí, Mauritania e o norte de Senegal."Esta crise que afecta aos nenos vai ser un gran desafío. Non estamos a alertar por riba, xa que a magnitude deste problema esixe unha resposta axeitada que debe comezar agora mesmo" dixoDavid Gressly, Director Rexional deUNICEF. "Pódese evitar a traxedia se realizamos un esforzo sen precedentes na rexión do Sahel. Isto implica asegurarse de que os profesionais están no terreo coas subministracións axeitadas e que se fai o suficiente para conter a ameaza das enfermidades entre as poboacións debilitadas", dixoGressly.UNICEF necesita de xeito urxente65,7 millóns de dólares (49,17 millóns de euros) para os seus traballos en materia de nutrición e saúde, así como para a distribución de subministracións. Non obstante, esta cantidade podería aumentar para asegurar que as intervencións poidan realizarse ao longo de todo o próximo ano. Non só para mellorar o nivel de nutrición, senón para fortalecer os programas de saúde, mellorar o abastecemento de auga e o saneamento nos centros de alimentación, así como a educación e protección dos nenos desprazados e as súas familias.