Crise siria: os nenos son o futuro do país
Cada día que pasa do conflito sen fin de Sirya, aumenta o número de nenos que temen que o seu futuro se esvaeza.Con todas as aulas danadas ou destruídas. Con todos os nenos que son testemuñas do horror da guerra, con todas as familias que foxen da violencia.Non podemos arriscarnos a perdera toda unha xeración de nenos a causa da morte, o desespero e o medo. Porque eles...son o futuro de Sirya.
poñamos fin ao drAma dos nenos de sirya
Máis de 5 millóns de nenos sofren as consecuencias da guerra en Sirya. Case 3 millóns deles víronse obrigados a abandonar os seus estudos.Por iso UNICEF une a súa voz á doutras organizacións e persoas para reclamar medidas urxentes que poñan fin ao drama dos nenos de Sirya: os que quedaron dentro do país e os que están refuxiados nos países veciños.
- Porque a crise siria non se rematou.
- Porque as vidas dos nenos están en perigo.
- Porque eles merecen algo mellor que isto.
- Porque aínda non é demasiado tarde.
- Porque eles son o futuro de Sirya.
Pedimoso fin da violencia e uncompromiso coa paz e a reconciliación. Se queres sumarte á petición, podes facelo aquí.