Cuba: reconstrúense 200 escolas con fondos españois
Un total de 200 escolas foron reconstruídas nas provincias de Camagüey e Las Tunas, no centro-sur de Cuba, con 1,5 millóns de euros achegados por UNICEF, a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) e varias administracións públicas españolas.
As escolas, que resultaran danadas polo impacto dos furacáns 'Gustav' e 'Ike' en 2008, foroninauguradas esta primavera. Docedos centros foron reconstruídos en seis municipios de Las Tunas grazas aos fondos achegados a UNICEF España polaGeneralitatValenciana, a Deputación de Badaxoz e oConcello de Cáceres.A súa contribución beneficiou a un total de3.514 nenos, xunto aos docentesdos 12 centros, e as familias das comunidades. Ademais, realizáronse accións de recuperación dasáreas deportivas."As accións de rehabilitación permitiron asegurar acontinuidade do proceso docente educativo, garantindo o dereito á educación, á recreación sa, segura e culta, incluíndo a preparación paraemerxencias", asegura o Representante deUNICEF en Cuba,José Juan Ortiz. Ademais, engade Ortiz, este labor de reconstrución de escolas permitiu focalizar as accións de apoio aosnenos e adolescentes que viven ensituacións vulnerables pola súa situación xeográfica, en zonas de alta incidencia de furacáns, ciclóns e outros eventos climatolóxicos. As catástrofes naturais destrúen fogares e comunidades, crean condicións que favorecen apropagación de enfermidades, obrigan a pechar as escolas e desmantelan os sistemas sociais que protexen os nenos máis vulnerables. Avolta ao cole é fundamental para restablecer unha sensación de normalidade nas vidas dos menores de idade. Aescola ofrece un ámbito seguro e protector para os nenos, e pódenlles axudar asuperar traumas psicolóxicos ou doutro tipo.