Cuba: UNICEF e a Fundación Iberostar rehabilitarán 5 escolas infantís

UNICEF, coa colaboración da Fundación Iberostar, rehabilitará 5 círculos infantís afectados por terremotos e o furacán Sandy (2012) na provincia de Santiago de Cuba.

 

Os círculos infantís son centros educativos que atenden a nenos de ata 6 anos. Estas instalacións ofrecen formación integral e servizos básicos de nutrición, saúde e protección a fillos de nais traballadoras. Unha cadea de movementos sísmicos e o paso de Sandy por Santiago de Cuba provocaron graves danos en varios destes centros, impedindo o desenvolvemento habitual da súa actividade. O proxecto, financiado con preto de 150.000 euros, beneficiará a 1.043 nenos e as súas respectivas familias. Trátase do segundo proxecto de rehabilitación de escolas infantís que conta co apoio da Fundación Iberostar. O anterior consistiu na reforma doutros cinco círculos que na actualidade dan atención a outros 931 nenos da rexión. A rehabilitación de cada centro considera diferentes visitas para a avaliación de danos, o deseño e desenvolvemento da reforma, e o seguimento dos traballos realizados. Ademais, renóvanse as redes hidráulicas, as conexións eléctricas, a marquetaría e tamén a pintura de cada centro. Cada reforma contribúe de xeito directo á creación deespazos seguros para os nenos, así como á mellora substancial das condicións sanitarias do centro. De xeito complementario, permite ofrecer tamén un ámbito de traballo máis axeitado ao persoal do círculo. O director executivo de UNICEFComité Español, Javier Martos, subliñou, durante a presentación do novo proxecto, o compromiso demostrado porIberostar coainfancia máis vulnerable, e en particular coa educación dos nenos e adolescentes enCuba.Estamos moi satisfeitos coa renovación do nosoacordo conUNICEF Comité Español e esperamos que os novos proxectos de rehabilitación axuden a mellorar a situación de centos de nenos e as súas familias na rexión deSantiago", valorou, pola súa banda, o presidente executivo do Grupo Iberostar, Miguel Fluxà.