Cumio en Londres: a batalla contra a desnutrición

O encontro Nutrición para o Crecemento que se acaba de celebrar en Londres supuxo unha nova oportunidade para reducir aínda máis o efecto paralizante que a desnutrición crónica (atraso no crecemento) e outras formas de desnutrición provocan en millóns de nenos.

 
"Para os nenos que viven coa ameaza de sufrir un innecesario atraso no crecemento -algo que non só lles priva dunha boa saúde física, senón que debilita considerablemente a súa capacidade de aprendizaxe, de obter ingresos decentes e de contribuír á prosperidade e crecemento das súas comunidades-, a reunión de Londres pon de manifesto a determinación mundial que busca facer fronte a esta ameaza", sinalou o Director Executivo de UNICEF,Anthony Lake.

"A desnutrición crónica (atraso do crecemento) é a crise que menos entenden moitos nenos actualmente. Non só é un desafío, senón unha grande oportunidade de desenvolvemento. Investir en nutrición é moi rendible. Repercute na vida dos nenos e na redución da pobreza", engadiu Lake.

O encontro, organizado polos gobernos de Brasil e Reino Unido, xunto á Fundación para o Fondo de investimento para os Nenos (CIFF, polas súas siglas en inglés), reuniu líderes de gobernos, o sector privado e a sociedade civil.

Nel renovouse o compromiso de acelerar os esforzos para lograr unharedución significativa da desnutrición crónica e mellorar a nutrición dos nenos e nais de todo o mundo. Así mesmo, comprometéronse fondos por valor de máis de 4.000 millóns de dólares (máis de 3.000 millóns de euros).

A NUTRICIÓN, UNhA PRIORIDADe MUNDIAL

UNICEF aplaudiu a firma doPacto formal, acordado polos participantes, para comprometerse a que a nutrición sexa unhaprioridade política e socio-económica dos doadores e os países afectados pola desnutrición; capitalizar o coñecemento científico e a innovación para mellorar a nutrición, e aumentar a transparencia e a supervisión dos resultados.

Mentres, UNICEF se comprometeu a continuar co investimento destinado a garantir a nutrición nos países máis afectados pola desnutrición crónica e outras formas de desnutrición -un esforzo no que participan máis de 350 expertos en nutrición que traballan cos gobernos e comunidades locais nuns 65 países-, que contou no último lustro cunha contribución financeira duns 1.000 millóns de dólares (756,54 millóns de euros).