David Bisbal subasta un dos seus rizos para loitar contra a desnutrición en Sahel
O cantante David Bisbal, Amigo de UNICEF España, uniuse á loita contra a desnutrición infantil no Sahel, onde un millón de nenos están en risco de morte. Para iso cortouse un dos seus rizos, que será subastado a prol dos programas de supervivencia de UNICEF na rexión.
Baixo o lema "dá a alarma. Un millón de nenos en risco", UNICEF lanzou unha campaña internacional de sensibilización e captación de fondos para contribuír a mellorar a situación no Sahel. Esta iniciativa ten gran repercusión nas redes sociais, onde miles de persoas están a difundir #SahelNOW para alertar da crise nutricional que afecta a oito países incluídos na rexión desértica do Sahel.
David Bisbal, que colabora con UNICEF España dende hai máis de sete anos,apoia a loita contra a desnutrición infantil a través desta poxa, organizada por Giorgi, un dos seus patrocinadores. A poxa terá lugar entre o 16 e o 25 de abril na páxina web de eBay, e pódese participar dende calquera país do mundo.
Non é a primeira vezDavid Bisbal realiza unha iniciativa deste tipo. En 2006 cortouse o pelo no vídeoclip da súa canción Soldado de papel paravisibilizar a situación dos nenos soldado e concienciar do drama que viven estes nenos.