David Villa: "O deporte ensina valores como o compañeirismo, o respecto e o esforzo"

O xogador do FC Barcelona e Amigo de UNICEF España, David Villa, participou onte xunto ao seu compañeiro de equipo Thiago Alcántara, nun encontro con nenos organizada por UNICEF co FC Barcelona en Dallas, dentro da alianza do club co Fondo de Nacións Unidas para a Infancia. No acto tamén participaron os directivos do Barça Jordi Cardoner e Ramón Pont, e o Director Adxunto de Operacións de UNICEF, Lawrence Picard.

 

O encontro tivo lugar no centro YMCA en Lakeside, Dallas. Alí, un grupo de máis de 30 nenos do YMCA, da liga infantil de fútbol e de familias que colaboran con UNICEF, conversaron cos dous xogadores sobre fútbol e sobre a importancia do deporte para os máis novos.David Villa explicou que, cando era neno, xogar ao fútbol lle serviu para "aprender de moitas persoas, dos meus compañeiros, dos meus entrenadores...no só fútbol, o deporte ensina valores como o compañeirismo, o respecto e o traballo e o esforzo que son necesarios para conseguir cousas". Thiago Alcántara dixo, pola súa banda, que "cando un fai o que lle divirte e goza facéndoo, sempre desenvolverá as súas habilidades para ser o mellor que poida ser".UNICEF aplica o deporte ao seu traballo, que forma parte dos programas que apoia en distintos países para conseguir obxectivos de desenvolvemento como mellorar a saúde dos nenos, aumentar as súas opcións de supervivencia, asegurar o acceso á educación, previr o VIH/SIDA e protexer os nenos da explotación e o abuso.Ramon Pont interveu no acto para sinalar que "UNICEF e o FC Barcelona estamos aquí para seguir adiante coa nosa exitosa colaboración para os nenos do mundo. Durante os últimos cinco anos o FC Barcelona apoiou os esforzos de UNICEF para salvar e mellorar as vidas de centos de miles de nenos". Por último, Lawrence Picard destacou a importancia do apoio do FC Barcelona indicando que "UNICEF está moi orgulloso desta alianza, que axudou a mellorar as vidas de máis de400.000 nenos. Cremos que esta alianza é un exemplo de como o deporte contribúe ao cambio social para os nenos". Na próxima fase desta alianza, a colaboración estará orientada a iniciativas de educación e deporte que reportarán resultados tanxibles para os nenos.