Decenas de miles de persoas permanecen desprazadas en Cagayán de Oro, Filipinas
Tras as inundacións en Filipinas provocadas pola tormenta tropical Washi, o ximnasio de Macasandig transformouse nun centro de evacuación para as centos de familias que perderon os seus fogares en Cagayán de Oro.
Despois da tormenta, moitas familias da cidade, en especial aquelas que adoitaban vivir nas proximidades do río, fuxiron a centros de evacuación en busca de axuda e refuxio.Macasandig, habitualmente un espazo cheo de actividade e entretemento, converteuse agora nun dos maiores centros de evacuación da cidade.
Mellorar as condicións de auga e saneamento
Estímase que as
inundacións afectaron gravemente a 40.000 familiasde Cagayán de Oro.Moitas perderon os seus fogares e medios de
subsistencia.
No ximnasio de Macasandig, as mulleres
declaran a falta de abastecemento de auga potable, necesario para
manter aos seus fillos limpos e en condicións saudables.
Actualmente, a diarrea entre os nenos do centro é
un problema que vai en aumento.
Malia o apoio do goberno e de varias institucións de axuda
humanitaria, moitos evacuados aínda carecen do necesario para unha
hixiene e saneamento axeitados.
Stella Remotise, de 43 anos, permanece no ximnasio co seu marido enfermo e os seus fillos: "Dannos roupa e alimento todos os días pero nunca conseguimos xabón, desinfectante e vitaminas ou medicinas contra a diarrea para os nenos".Emily Amolato, de 30 anos, tamén vive no ximnasio. Ao igual que outros moitos no centro, ela perdeu os seus familiares e seres queridos nas inundacións, incluídos tres sobriños e un dos seus irmáns.Emily di que é afortunada e que está suficientemente forte e sanda para continuar alimentando exclusivamente con leite materno o seu fillo de tres meses,John Michael. Non obstante, fixo un chamamento para obter maior asistencia en nome das demais persoas do centro. "Se as condicións no ximnasio seguen así, moitos dos nosos nenos e bebés caerán enfermos", afirmou.
UNICEF sobre o terreo
A tormenta tropical Washi afectou a máis de 700.000 persoas, entre elas, moitos nenos. Como resposta, UNICEF distribuíuauga potable e subministracións de saneamento enCagayán de Oro eIligán, as zonas máis afectadas. Está previsto que nos próximos días cheguen subministracións para a nutrición, educación e protección dos nenos.