Declaración de Maria Calivis, Directora de UNICEF en Oriente Medio, sobre o bombardeo dunha escola preto de Damasco
UNICEF condena o bombardeo de onte dunha escola preto de Damasco que matou varios estudantes e un profesor.
Dende que comezou a violencia en Sirya, escolas foron saqueadas, destruídas e queimadas. Isto é inaceptable. As escolas son, e deben seguir sendo, zonas pacíficas.UNICEF renova o seu chamamento a todas as partes do conflito en Sirya para que acaten as súas obrigas segundo a lei humanitaria internacional e para que garantan que todos os nenos están protexidos en todo momento.