Deporte e solidariedade a favor de UNICEF da man de Privalia
Privalia, o outlet online líder de moda, xa supera o millón de euros recadados e doados a favor dos programas educativos e de supervivencia infantil de UNICEF.
Así o anunciou a compañía durante a terceira edición do Brands in Action, o xa tradicional evento deportivo-solidario que celebrou o 3 de xuño nas instalacións deportivas do FC Barcelona.
O III Brands in Action,
organizado por Privalia a favor de UNICEF, volveu reunir a algúns
representantes das principais marcas de moda e estilo de vida que
habitualmente colaboran con Privalia.
Máis de 150 persoas participaron
nunha xornada onde as actividades principais foron uncampionato de futbol 7 co exjugador barcelonistaJulio Salinas e divertidas sesións de
acroyoga.
O evento pechouse cunhapoxa solidaria de artigos asinados e doados pordeportistas de elite que, por terceiro ano
consecutivo, suscitou gran interese entre os asistentes ao
evento.
Baixo a lema Cada gol
conta, o evento conseguiu 20.000 euros a favor do
programa de Responsabilidade Social Corporativa Future
for Children de Privalia e UNICEF, asinado a
principios de 2015, que destina os fondos a proxectos deeducación, desenvolvemento e promoción dosdereitos dos nenos nos países onde Privalia
opera.
Privalia colabora con UNICEFComité Español desde decembro de 2012, con UNICEF Italia Onlus
desde 2013, e desde marzo de 2015 faio tamén a nivel internacional
con UNICEF Brasil e México, e xa logrou mobilizar máis de 1 millón
de euros a favor da educación da infancia.
Os fondos reunidos proveñen de
doazóns corporativas asociadas a eventos solidarios -como nesta
ocasión-, de campañas de recadación solidaria entre os seus
clientes e de doazóns corporativas ligadas á súa categoría infantil
Baby&Kids, onde Privalia ten o compromiso de doar o equivalente
ao 1% de todas as vendas desta categoría en todos os seus
países.