Descende un 24% os novos casos de nenos con VIH/SIDA
O número de novos casos de nenos afectados por VIH/SIDA diminuíu, pero lograr o obxectivo dunha xeración libre de VIH/SIDA require que máis mulleres embarazadas e nenos que viven co virus obteñan acceso a tratamentos.
Grazas ao extraordinario compromiso mundial, os novos casos de infección por VIH/SIDA en nenos reducíronse un 24%, pasando de 430.000 en 2009 a 330.000 en 2011. Dende 2010 a decembro de 2011 conseguírase tratar con antirretrovirales 100.000 nenos máis dos que eran tratados anteriormente.
Protexer os nenos para lograr unha xeración libre de VIH/SIDA
Non obstante,menos dun terzo das mulleres embarazadas e os nenos que requiren tratamento estano a recibir, en comparación coa media mundial para os adultos, que é do 54%. "Sinxelamente, é reprobable que os adultos teñan o dobre de probabilidades que os nenos de beneficiarse do tratamento que necesitan", dixo o Director Executivo de UNICEF, Anthony Lake. "Por definición, lograr unha xeración libre de VIH/SIDA esixe protexer os máis novos e vulnerables. Debemos redobrar os nosos esforzos para que as nais e os nenos infectados poidan vivir sen VIH/SIDA. Debemos facer todo o que estea ao noso alcance para elevar o número de mulleres embarazadas e nenos que se someten a exame e reciben tratamento mediante programas básicos de saúde infantil e prenatal". Tratar as mulleres embarazadas seropositivas non só mantenas con vida e en bo estado de saúde, tamén evita que os bebés adquiran o virus durante o embarazo, o parto e o período de lactación. Otratamento tamén pode previr a transmisión sexual dunha muller seropositiva a unha parella sen VIH/SIDA.Traballar para poñer fin aos novos casos de infección poloVIH entre os nenos para 2015, e manter as súas nais con vida, é un aspecto fundamental do compromiso xeral de UNICEF coa supervivencia infantil en virtude do movemento mundial Unha promesa renovada.