Día da Nena: as nenas dedican un 40% de tempo máis ás tarefas do fogar que os nenos
As nenas dedican un 40% máis de tempo que os nenos, ou o que é o mesmos 160 millóns de horas máis, cada día, traballando en casa. No Día Internacional da Nena, en UNICEF queremos destacar a enorme desigualdade de xénero que se produce nos fogares desde os primeiros anos de vida.
O noso último informe,Aproveitando o Poder dos Datos
para as Nenas: balance e perspectivas para o 2030 (en
ingés), recolle un cálculo global do tempo que as nenas dedican atarefas domésticas como cociñar, limpar,
coidar ou recoller auga e leña.
Os datos mostran que a
desproporción na repartición da carga das tarefas
domésticas empeza pronto. Cando as nenas teñen entre5 e 9 anos dedican un 30% máis de tempo que os
nenos ás tarefas do fogar. A desigualdade crece a
medida que as nenas se fan maiores, xa que cando cumpren entre10 e 14 anos dedícanlle un 50%
máis.
DÍA INTERNACIONAL DA NenA:o SeU TRABAllO é MENOS VISIBLE E INFrAVALORADO
"A sobrecarga de traballo
doméstico non remunerado empeza na primeira
infancia e intensifícase cando as nenas chegan áadolescencia", afirma a especialista en xénero de
UNICEF Anju Malhotra. "Como resultado disto, as nenas sacrifican
oportunidades importantes de aprendizaxe,
crecemento, e simplemente de goce da súa infancia. Estadistribución desigual dos labores entre nenos e
nenas perpetúa os estereotipos de xénero e a dobre
carga sobre as mulleres e as nenas de xeración en xeración".
O informe sinala que otraballo das nenas é menos visible e a miúdoinfravalorado. Con demasiada frecuencia as
responsabilidades dos adultos, como o coidado de membros da
familia, incluíndo o doutros nenos, son impostas ás nenas. O tempo
que dedican a estes labores limita o tempo que teñen paraxogar, pasar tempo con amigos, estudar ou
sinxelamente ser nenas. Ademais, nalgúns países,
ir recoller a leña ou a auga ponas en risco de sufrirviolencia sexual.
Outros datos que ofrece o informe
revelan que esta situación tamén é desigual entre países:
- As nenas de entre 10 e 14 anos no sur de Asia e Oriente Medio, e oNorte de África dedican case o dobre de tempo ás tarefas domésticas que os nenos.
- Os países nos que as nenas de entre 10 e 14 anos soportan a carga máis desproporcionada de tarefas domésticas en comparación cos nenos son: Burkina Faso, Iemen e Somalia.
- As nenas de entre 10 e 14 anos en Somalia son as que dedican maior cantidade de tempo ás tarefas domésticas: 26 horas cada semana.
DÍA INTERNACIONAL DA NenA: UNhA CUESTIÓN presente nOS ODS
"Cuantificar o desafío que
enfrontan as nenas é o primeiro paso crítico cara ao logro doObxectivo de Desenvolvemento Sustentable na
igualdade de xénero, e romper as barreiras que enfrontan1.100 millóns de nenas no mundo", di o xefe da
sección de análise e datos de UNICEF, Attila Hancioglu.
O informe tamén sinala que os
datos para as dúas terceiras partes dos 44
indicadores relativos ás nenas nos Obxectivos de
Desenvolvemento Sustentable (ODS), son limitados ou
pobres. Xunto coas tarefas do fogar, o informe
presenta datos sobre temas relativos ás nenas abordados polos ODS,
como a violencia, o matrimonio infantil, a
mutilación xenital feminina e a educación.
Alcanzar os ODS que abordan estas
cuestións e empoderar ás nenas co coñecemento, ascapacidades e recursos que necesitan para
desenvolver o seu potencial plenamente, non é unicamente positivo
para as nenas, senón que pode impulsar o crecemento da
economía, a promoción da paz e aredución da pobreza.