Día Internacional contra o Uso de Nenos Soldado

O 12 de febreiro conmemórase o Día Internacional contra o Uso de Nenos Soldado, unha data para recordar os nenos que cada día son recrutados para participar en conflitos armados.

 

Como o de República Centroafricana, onde polo menos 3.500 nenos están relacionados con grupos armados, aínda que a cifra podía ascender a 6.000. No país "hai moitos grupos armados que recrutan nenos", contaIsmael Beah, neno soldado en Serra Leoa, e agora defensor de UNICEF dos nenos afectados pola guerra.UNICEF traballa para liberalos e reintegralos nas súas comunidades. É unha tarefa difícil, porque grupos como a Convención de Patriotas pola Xustiza e a Paz ou o Exército de Resistencia do Señor teñen unha presenza forte nos poboados de República Centroafricana. Por iso os nenos "séntense fortemente vinculados" a estas forzas, segundo explica Evelyn Zembea, traballadora social.Abdelkarim, de16 anos, pasou por iso. "Vin cousas terribles. O corpo do meu amigo no chan. Vin sangue. Despois da súa morte decidín que era mellor ir ao centro de tránsito porque creo que aquí hai unha oportunidade mellor para min". Estes centros son os lugares onde permanecen os nenos liberados de grupos armados ata que son reunidos coas súas familias ou trasladados a fogares de acollida. Alí van a clase e aprenden habilidades como xastraría ou mecánica.

NenOS SOLDADO: OuTRA REALIDADe é POSIBLE

Os nenos liberados decátanse no centro "de que poden continuar os seus estudos, que poden estudar formación profesional. Que teñen outras oportunidades para o seu futuro", declaraFosca Giulidori, especialista deUNICEF en protección infantil enRepública Centroafricana. Pero o camiño cara á súa recuperación non é doado. O primeiro paso é abandonar o grupo armado, pero a verdadeira batalla que afrontan é como superar o trauma que deixan atrás, física e mentalmente, ata chegar a crer que teñen por diante unha vida mellor. "Cando te ves obrigado a ir á guerra, require tempo saber que outra cousa é posible", di Ismael Beah; "Eu pasei por iso".