Día internacional da muller 2015: a terrible realidade do matrimonio infantil
No Día Internacional da Muller, queremos recordar a terrible realidade que representa para millóns de nenas nos países en desenvolvemento o matrimonio infantil.
Máis de 700 millóns de mulleres casáronse cando eran nenas. Delas, 1 de cada 3 (uns 250 millóns de mulleres) casáronse antes de cumprir os 15 anos.
As nenas que se casan antes dos 18 anos teñen máis probabilidades de abandonar os seus estudos e ser obxecto de violencia doméstica. Ademais, as adolescentes máis novas corren maior perigo de morte debido ás complicacións do embarazo e o parto, e os seus fillos teñen máis probabilidades de nacer mortos ou de falecer durante o seu primeiro mes de vida.
En UNICEF traballamos coas comunidades para aumentar a idade do matrimonio e abordar a discriminación de xénero mediante a sensibilización, debatendo e falando dentro da comunidade, a nivel local e nacional, e tamén apoiando os gobernos para fortalecer a lexislación, as políticas e os servizos.
Fai o teu donativo para que poidamos poñer fin ao matrimonio infantil