Día Internacional da Nena: a innovación é clave
Cada día son máis as nenas que ocupan as aulas dos colexios, non obstante, aínda hai 31 millóns de nenas no mundo que, en idade escolar, non teñen acceso á educación.
Na conmemoración do segundo Día Internacional da Nena, UNICEF destaca o poder da innovación para lograr un aumento no número de nenas que van á escola e mellorar a calidade da aprendizaxe de todos os nenos en xeral. A pesar de que cada vez son máis as nenas que van á escola, aínda son moitas ás cales se lles denega unha educación de calidade e a posibilidade de alcanzar o seu pleno potencial. As análises indican que un só ano de escola secundaria representa para unha nena polo menos un 25% de aumento no seu salario futuro.Innovación non significa soamente tecnoloxía, supón poder abordar novos métodos para superar outro tipo de obstáculos que impiden ás nenas acudir á escola, como a mellora das instalacións e a seguridade nos traxectos.
a innovación pode axudarnos a chegar a todas as nenas
Na conmemoración do segundo Día Internacional de xunto aos seus aliados, UNICEF está a explorar o xeito de chegar aos nenos máis illados, que son os que corren un maior risco de non poder acudir á[] escola. En Uganda, EduTrack utiliza mensaxes de texto para conectar os estudantes e as escolas con UNICEF, permitíndolles informar sobre a súa aprendizaxe, a calidade dos seus mestres e a violencia nas escolas. En Sudáfrica, a alianza TechnoGirls, establecida entre UNICEF, o Goberno e máis de 100 empresas do sector privado, vinculou 10.000 nenas adolescentes con mentores do sector tecnolóxico para impulsar as súas aptitudes e a súa preparación para o traballo.
"A innovación pode axudarnos a chegar a todas as nenas" dixo Anthony Lake, Director Executivo de UNICEF. "Podemos conseguir que acudan á escola, permanezan nela e completen a súa aprendizaxe. Para iso, temos que seguir aprendendo nós mesmos, utilizando estes novos instrumentos que agora, máis que nunca, nos permiten xerar e impulsar novas ideas", asegurou Lake.
Actividades propostas por Unicef para o Día Internacional da Nena
Entre as actividades propostas por Unicef para o Día Internacional da Nena, destacanunha reunión de Google con estudantes na International School of Brooklyn, unha análise de Anthony Lake, Director Executivo de UNICEF, sobre a educación das nenas, así como a presentación dun exclusivo taboleiro de anuncios interactivo que permite aos usuarios "borrar" a imaxe duns traballadores infantís nunha fábrica, e revelar unha imaxe oculta de estudantes nunha aula. Xunto a Intel, UNICEF levou a cabo un Code for Good Hackathon, unha actividade que reuniu estudantes da Universidade de Stanford e da Contra Costa Community College nun maratón de 24 horas para descubrir novas formas de aumentar o acceso das nenas de Sudán do Sur a unha aprendizaxe de calidade, un problema presentado polo Laboratorio de Innovación de UNICEFneste país, na que só 800 nenas chegaron ao último grao da escola secundaria.UNICEF ademais emitirá unvideo da cantante e compositora norteamericana Katy Perry, creado expresamente para este segundo Día Internacional da Nena.