Día Internacional do Legado Solidario

O 13 de setembro celébrase por segundo ano o Día Internacional do Legado Solidario e UNICEF España quíxose unir esta iniciativa para promover o apoio ás organizacións solidarias a través dun legado ou testamento.

Deixar unha herdanza ou un legado a UNICEF é unha forma marabillosa de que a axuda aos nenos máis vulnerables perdure no tempo. É un xeito de asegurar que, no futuro, os dereitos de todos os nenos se van cumprir. Cos recursos que xeran as herdanzas e legados se poden financiar proxectos que, nalgúns casos, poderían tardar anos en ser apoiado economicamente, e deste xeito se poden cambiar as vidas de miles de nenos.  

 
RomanaMartínez, socia de UNICEF España, designou a UNICEF como herdeira . "Para min foi unha decisión natural... O valor dunha casa en España e todo o que contén se pode transformar en esperanza e dar a posibilidade a moitos nenos de ter unha vida e unha existencia dignas. O legado que lle deixo a UNICEF é para que siga funcionando, esforzándose e traballando, para que os nenos, e especialmente as nenas, teñan esperanza cando eu xa non estea aquí," indicou Romana nunha entrevista á  Revista de Socios de UNICEF España.
 
Non é necesario dispoñer dunha gran fortuna para compartila con UNICEF e cos nenos. Calquera doazón, por pequena que sexa, pode marcar a diferenza na vida de moitos nenos en todo o mundo. Se queres informarte sobre como incluír aUNICEF no teu testamento contacta connosco no 913789571,herencias@unicef.es ou pica nesta web.
 
Moitas organizacións sociais en España celebran este Día Internacional do Legado Solidario para concienciar a poboación española sobre a importancia que ten esta forma alternativa de colaboración.