Día Internacional do Legado Solidario: reescribe o futuro de miles de nenos
Hoxe, 13 de setembro, celébrase o Día Internacional do Legado Solidario, unha data para lembrar que facer un testamento solidario contribúe ao traballo das organizacións humanitarias para mellorar a vida de miles de persoas vulnerables.
Cando se producen situacións como a actual crise de migrantes e refuxiados sirios en Europa, non sempre é fácil dispor de fondos para responder con axilidade ás necesidades máis urxentes. As herdanzas e legados constitúen unha fonte de financiamento moi importante para dar resposta a esta e outras emerxencias.
En 2014 recibimos 2,5 millóns de euros procedentes de testamentos solidarios, grazas á xenerosa contribución de doantes que incluíron a UNICEF no seu testamento. Estas herdanzas e legados convertéronse en vacinas contra a polio ou o sarampión, tratamentos contra a desnutrición aguda ou escolas para que os nenos reciban educación.
O Día Internacional do Legado Solidario celébrase desde fai catro anos para promover entre a poboación a posibilidade de facer un testamento solidario, incluíndo nel a unha organización.
A inclusión dunha organización como UNICEF no testamento, sen prexudicar aos herdeiros, realízase a través dun notario. O doante pode nomear a UNICEF coheredero, herdeiro universal ou doar un ben concreto a través dun legado.
Con estes legados solidarios contribúese a seguir apoiando á infancia máis vulnerable e a reescribir o futuro de miles de nenos.