Día Mundial da Asistencia Humanitaria
O Día Mundial da Asistencia Humanitaria foi designado pola Asemblea Xeral coincidindo co aniversario do ataque ao cuartel xeral da ONU en Bagdad en 2003. Este día recoñece a quen afrontan o perigo e a adversidade para axudar aos outros.
Declaración de Anthony Lake, director executivo de UNICEF
"A natureza do traballo
humanitario é a miúdo perigosa. Os
traballadores humanitarios enfróntanse a condicións
duras e a perigosos riscos con tal desalvar vidas, reconstruír comunidades, e dar
testemuño nos conflitos, as catástrofes e as crises.
Estas emerxencias aumentaron en frecuencia e complexidade. Así tamén, aumentou o perigo ao que se enfrontan os traballadores humanitarios e o número de mortos entre eles.
Tomemos como mostra só o último mes:
En Sudán do Sur foron asasinados traballadores humanitarios por parte de combatentes armados, mentres apoiaban a misión que pretende chegar aos nenos con desnutrición antes de que sexa demasiado tarde.
En Gaza,perderon a vida cooperantes durante ataques con bomba mentres coidaban a enfermos, feridos e persoas que agonizaban, ou mentres consolaban ás familias dos mortos.
En Serra Leoa, Liberia ouGuinea, os traballadores sanitarios que están a tratar desesperadamente de salvar vidas ante a epidemia de ébola, sucumbiron ao propio virus mortal. Outros foron ameazados con danos corporais por tratar de deter a propagación da enfermidade.
Isto en só un par de semanas, pero os 12 meses anteriores vivimos a perda de moitas máis vidas. No ano 2013rexistrouse o maior número de mortes de traballadores humanitarios. A principios deste ano, un ataque a un restaurante en Afganistán matou a catro traballadores humanitarios, entre eles dous compañeiros de UNICEF das áreas de nutrición e saúde.
A morte destes
heroes supón unha perda para toda
a comunidade humanitaria e para o mundo.
No Día Mundial da Asistencia Humanitaria, choramos as súas
mortes e honramos o seu sacrificio. Tamén rendemos
homenaxe á dedicación de todos os homes e mulleres
valentes que seguen facendo o seu traballo todos os días a
pesar dos perigos aos que se enfrontan en acto de servizo pola nosa
causa común: un mundo máis seguro, xusto e
pacífico.
Pero hai que facer algo máis que render tributo aos nosos compañeiros e amigos. Debemos esixir aprotección -sempre que sexa posible-,daqueles que protexen as vidas dos demais, edaqueles que máis necesitan desa protección: osnenos. O incremento das crises humanitarias non debe permitir que diminúa o noso sentido común de humanidade".