Día Mundial da Asistencia Humanitaria: 'Eu estiven aquí'

Este domingo 19 de agosto celébrase o Día Mundial da Asistencia Humanitaria, unha data que a Asemblea Xeral de Nacións Unidas designou para conmemorar o atentado de 2003 contra a súa sede en Bagdad, que acabou coa vida de 22 traballadores da organización.

Neste día réndese tributo aos traballadores humanitarios quemorreron ou resultaron feridos no desempeño do seu traballo, ou que se enfrontan a diario ao perigo e a adversidade por axudar ás persoas máis vulnerables, independentemente do seu nome ou nacionalidade. Así mesmo, pretende chamar a atención sobre asnecesidades humanitarias existentes en todo o mundo e a importancia da cooperación internacionalpara satisfacelas. A campaña deste ano, Iwas here (Eu estiven aquí) busca que cada persoa "deixe a súa pegada facendo algo bo para outra persoa en calquera lugar". O apoio de cada particular realízase a través das redes sociais Facebook e Twitter na páxina web www.whd-iwashere.org

O obxectivo é chegar a 1.000 millóns de persoas, ata o 19 de agosto, cunha mensaxe de esperanza. A cantante estadounidense BeyoncéKnowles deu o seu apoio a esta campaña. "Este ano o Día Mundial da Asistencia Humanitaria brinda a oportunidade histórica de reunir 1.000 millóns de persoas de todo o mundo para promover a idea, poderosa e dinámica onde as haxa, de axudar aos demais. É o mellor modo de homenaxear os moitos traballadores de asistencia humanitaria caídos, cuxa perda lamentamos hoxe, e de celebrar as iniciativas dos que continúan o seu nobre labor de levar urxentemente asistencia humanitaria aos que sofren", sinalou o Secretario Xeral da ONU, BanKi-moon.

UNICEF EN EMERxENCIAS

En 2011, UNICEF actuou en 292 situacións de emerxencia en 80 países. Estas crises, cada vez máis numerosas e complexas, teñen efectos desvastadores nos nenos e as mulleres, en particular nas familias máis vulnerables. A misión de UNICEFnunha emerxencia é garantir os dereitos dos nenosá supervivencia, a protección e a educación, especialmente dos máis pobres. En colaboración cos seus aliados, UNICEF contribuíu en 2011, entre outros logros, a:  

·         Vacinar contra o sarampelo máis de 52 millóns de nenos.  

·         Tratar contra a desnutrición 1,8 millóns de nenos.  

·         Proporcionar acceso a auga potable a18,5 millóns de persoas.