Día Mundial da Auga
Con motivo da celebración do Día Mundial da Auga, UNICEF recorda que en todo o mundo 2.000 nenos menores de cinco anos morren cada día por enfermidades diarreicas. A maior parte, preto de 1.800 mortes, están relacionadas coa falta de auga, saneamento e hixiene axeitadas.
"Ás veces enfocámonos tanto nos grandes números, que non somos capaces de ver as traxedias humanas que subxacen en cada estatística", dixoSanjay Wijesekera, Responsable do programa de UNICEF de auga, saneamento e hixiene.
"Se 90 autobuses
escolares cheos de nenos se estrelasen cada día, e non houbese
superviventes, o mundo poñería atención. Isto é precisamente o que
acontece a diario debido á mala calidade da auga, o saneamento e a
hixiene," engadiu.
Case o 90% das
mortes de nenos producidas por enfermidades diarreicas están
directamente relacionadas coa auga contaminada, a falta de
saneamento ou unha hixiene inadecuada. A pesar do aumento da
poboación mundial, estas mortes reducíronse
significativamente nos últimos dez anos, pasando de 1,2
millóns de mortes anuais en 2000 a unhas 760.000 ao ano en 2011.UNICEF considera que aínda son
moitas.
Segundo os datos deUNICEF, case a metade das
mortes de nenos menores de cinco anos se producen en só cinco
países: India, Nixeria, República Democrática do Congo
(RDC), Paquistán e China. En dous
países, India (24%) e Nixeria (11%), prodúcense máis dun terzo de
todas as mortes de nenos menores de cinco anos. Boa parte da
poboación destes países non ten acceso a auga e saneamento
axeitados.
783 millóns de persoas non teñen acceso a auga potable
As cifras sobre o acceso a saneamento son aínda máis desalentadoras. O número de persoas quenon ten acceso a uns servizos axeitados de saneamento nestes países son: India, 814 millóns; China, 477 millóns; Nixeria, 109 millóns; Paquistán, con 91 millóns e República Democrática do Congo, 50 millóns. Mellorar o acceso a auga e ao saneamento contribuiría en boa medida á redución da mortalidade infantil nestes países.
"Os números poden ser fríos, pero son vidas reais, de nenos reais", dixo Wijesekera. "Cada neno é importante. Todos os nenos teñen dereito á saúde, dereito á supervivencia e dereito a un futuro tan bo como poidamos," engadiu.
Wijesekera considera que os progresos conseguidos dende 1990 mostran que con vontade política, investimento, un enfoque de equidade e chegando aos nenos máis difíciles de alcanzar, quizais dentro dunha xeración cada neno poida ter acceso a auga potable e saneamento axeitado.
Máis de 50.000 nenos nas Carreiras da auga
Para apoiar este traballo, UNICEF España organiza cada ano as carreiras solidariasGotas para Níxer con centros educativos de toda España, co obxectivo de conseguir fondos que permitirían escolarizar un millón de nenos nese país. O xogador da NBA e Amigo de UNICEFComité Extremadura, José Manuel Calderón, sumouse a esta iniciativa, na que xa se inscribiron 50.000 estudantes de educación infantil, primaria e secundaria este curso. Calquera centro educativo ou escola deportiva pode inscribirse nestas carreiras a través da web de Enrédate.
A fotógrafaIsabel Muñoz e a Fundación Canal tamén se unen á causa da augacelebrando este día mundial cunha acción artística e tecnolóxica. Baixo o lema de Nacións Unidas, 'Cooperación na esfera da auga', Isabel Muñoz puxo a disposición da Fundación unha das súas obras, que se poderádescargar en alta resolución.