Día Mundial da Saúde: as 4 enfermidades máis mortíferas para os nenos

As 4 son doadamente previbles e as 4 teñen tratamento. A cura da maioría delas é efectiva e barata. Pero estas 4 enfermidades están detrás da maioría das mortes de 17.000 nenos menores de 5 anos cada día.

No Día Mundial da Saúde repasamos as 4 enfermidades máis mortíferas entre os nenos máis pequenos e recordamos como se poden evitar:
 
1.- Pneumonía: Cada ano, mata case un millón de nenos - máis que o VIH/SIDA, a malaria e a tuberculose xuntas. Representa o 15% das mortes dos menores de 5 anos. O que fai que este número de mortes sexa aínda máis sobrecolledor é que a cura para a enfermidade é coñecida e barata. Un antibiótico sinxelo como a amoxicilina é eficaz contra a pneumonía bacteriana, que cre que representa o 80% das mortes por pneumonía entre os nenos. Mesmo se os nenos viven en lugares onde non hai médico ou clínica, a amoxicilina pódese obter a través dun axente de saúde comunitario.

2.. Diarrea: Representa o 9% das mortes de nenos menores de 5 anos. Estas mortes concéntranse sobre todo nas rexións e os países máis pobres, e entre os nenos menos favorecidos desas sociedades. Non obstante, os tratamentos son efectivos e pouco custosos. Aínda que a diarrea pode tratarse eficazmente e a baixo custo con sales de rehidratación oral, os nenos das familias máis ricas que se enferman de diarrea teñen 4 veces máis probabilidades de recibir tratamento que os nenos das familias máis pobres.

3. Malaria: Ten síntomas moi similares aos da pneumonía, por iso recoñecer esta enfermidade pode ser moi difícil. Un diagnóstico equivocado pode dar lugar a decisións equivocadas sobre o tratamento. Cada 30 segundos morre de paludismo un neno ou unha nena, a maioría de África. Esta enfermidade tamén contribúe a que os nenos e nenas padezan anemia, unha das causas principais de crecemento e desenvolvemento deficientes. A prevención xoga un papel clave, como no caso da malaria grazas ao uso de mosquiteiras.

4,. Desnutrición: Aínda que non é unha enfermidade propiamente dita, a desnutrición está detrás de case a metade das mortes de nenos menores de 5 anos. Aínda morren preto 2.800.000 nenos ao ano por causas que teñen que ver coa falta de alimentos. Sen unha determinada cantidade e calidade de nutrientes non se poden asegurar as condicións de vida necesarias para que os nenos se desenvolvan sans. Para evitar que isto aconteza, é esencial intervir nos seus dous primeiros anos, o que se coñece como os 1.000 días críticos. A desnutrición pódese previr e tratarse. Non obstante, 20 millóns de nenos menores de 5 anos sofren desnutrición aguda grave. Se reciben tratamento de inmediato, poden salvar a súa vida.
 
Aínda hai demasiados nenos que morren a causa enfermidades previbles e tratables. Xuntos podemos enfrontarnos a estas enfermidades e seguir salvando miles de vidas.