Día Mundial da SIDA: evitáronse 1,1 millóns de infeccións de VIH en nenos

Evitáronse 1,1 millóns de infeccións de VIH en nenos menores de 15 anos, xa que os novos casos diminuíron máis dun 50% entre 2005 e 2013.

Este extraordinario progreso é o resultado de ampliar o acceso de millóns de mulleres embarazadas que viven con VIH os servizos para a prevención da transmisión de nais a fillos.

Isto inclúe o tratamento contra o VIH para toda a vida, que reduce a transmisión do virus aos bebés e mantén as nais con vida e boa saúde.

"Temos que reducir as diferenzas, e investir máis para chegar a todas as nais, todos os recén nacidos, todos os nenos e todos os adolescentes con programas de prevención e tratamento do VIH que poden salvar e mellorar as súas vidas", explicou o director executivo de UNICEFAnthony Lake.

 

Día Mundial da SIDA: Malawi, Etiopía e Zimbabwe, países con maior descenso de casos

Os descensos máis pronunciados déronse entre os anos 2009 e 2013 en oito países africanos: Malawi (67%); Etiopía (57%);Zimbabwe (57%); Botswana (57%); Namibia (57%); Mozambique (57%); Sudáfrica (52%) e Ghana (50%).

Pero o obxectivo global de reducir nun 90% as novas infeccións do VIH entre 2009 e 2015 aínda está lonxe de alcanzarse. Só o 67% das mulleres embarazadas que viven con VIH nos países de renda baixa e media recibiron as medicinas antirretrovirales máis efectivas na prevención da transmisión do virus de nais a fillos en 2013.

As desigualdades no acceso ao tratamento están a obstaculizar o progreso. Entre as persoas que viven con VIH nos países de renda baixa e media, os adultos teñen moitas máis probabilidades que os nenos de recibir terapia antirretroviral.
En 2013, o 37% das persoas maiores de 15 anos accederon ao tratamento, comparado co 23% dos nenos (de 0 a 14 anos) ou, o que é o mesmo, un de cada catro.

Día Mundial da Sida: a mortalidade entre adolescentes non diminúe

A tendencia da mortalidade a causa da SIDA en adolescentes tamén é unha preocupación significativa. Mentres o resto de grupos de idade experimentaron un descenso de case o 40% nas mortes relacionadas coa SIDA entre 2005 e 2013, os adolescentes (con idades comprendidas entre os 10 e os 19) son o único grupo de idade no que as mortes relacionadas coa SIDA non están a diminuír.

A actualización estatística sobre nenos, adolescentes e SIDA proporciona a análise máis recente dos datos globais en relación a nenos e adolescentes dende o nacemento ata os 19 anos.