Día Mundial da SIDA: triplícanse as mortes de adolescentes dende o ano 2000

Halima ten 16 anos, vive en Dar Esalaam, Tanzania e quere ser perruqueira. Pero ademais de todo isto, Halima é unha valente adolescente que loita para que o virus do VIH/SIDA, co que convive cada día, non lle impida cumprir os seus soños. 

Os adolescentes son o grupo de poboación que máis sofre os estragos do VIH/SIDA. Segundo o noso último informe, o número de mortes de adolescentes debido a esta enfermidade triplicouse desde o ano 2000. O virus é aprimeira causa de morte entre os adolescentes en África e a segunda no resto do mundo.  

DÍA MUNDIAL CONTRA a SIDA: 7 DE CADA 10 NoVOS CONTAxIADOS son NenAs

Os datos revelan que, cada hora, prodúcense no mundo 26 contagios do virus en mozos de 15 a 19 anos. En África subsahariana, onde ten maior prevalencia, as nenas levan a peor parte: 7 de cada 10 novos contaxiados desta idade son mozas. 
 
"É fundamental que os mozos que son portadores do VIH/SIDA teñan acceso a tratamento, atención e apoio", afirma Craig McClure, director dos programas mundiais deVIH/SIDA de UNICEF. "Ao mesmo tempo, aqueles que non son portadores do VIH deben ter acceso aos coñecementos e medios para evitar o contaxio".

DÍA MUNDIAL CONTRA a SIDA: PREVIR o CONTAxIO No EMBARAZO

O éxito do tratamento para previr atransimisión do virus de nais a fillos demostra que o embarazo é un momento clave na loita contra o VIH/SIDA. Desde o ano 2000 conseguíronse evitar 1,3 millóns de novas infeccións.

Isto traduciuse nunha redución do 60% das mortes relacionadas co virus entre os nenos menores de 4 anos nos últimos 15 anos. Estes esforzos para eliminar a transmisión de nai a fillo axudarán a cambiar o rumbo da epidemia para a nova xeración de adolescentes.
 
Bertha e a súa pequena filla Tecla son un exemplo que demostra que evitar a transmisión do VIH/SIDA de nais a fillos é posible. Bertha, que vive co virus e que perdeu a un fillo por este motivo, conseguiu ter unha filla sa grazas ao tratamento preventivo. 

DÍA MUNDIAL CONTRA a SIDA: POR UNhA xERACIÓN LIBRE DE VIH

Dende que comezou a epidemia, é a primeira vez que temos as ferramentas e a experiencia necesarias para deter as transmisións e manter aosnenos e adolescentes que viven co virus sans e salvos.
 
Os últimos datos demostran que habemos alcanzando grandes progresos en materia de prevención; con todo, deixamos atrás aos nenos e adolescentes. Nas nosas mans está conseguir unha xeración libre de VIH/SIDA