Día Mundial do Refuxiado: que significa para os nenos?

No mundo chegamos a un novo e terrible máximo histórico. O número de persoas refuxiadas e desprazadas a causa das guerras e a persecución alcanzou os 59,5 millóns a finais de 2014, catro veces máis que en 2010.

Dende a Segunda Guerra Mundial nunca houbera un número tan elevado de persoas refuxiadas.

Os nenos son o grupo de poboación máis afectadopor esta horrible situación. Non só porque representan máis da metade da poboación refuxiada do planeta, senón tamén porque os seus anos como refuxiados marcarán o resto do seu futuro e o das sociedades nas que viven.

Os nenos refuxiados enfróntanse a un repentinocambio na súa vida. No medio dunha grave emerxencia, os seus pais ou familiares deciden que, a que ata entón fora a súa casa, xa non é segura para eles. Afuxida parece ser a única solución.

A espiral de violencia e inseguridade que acompaña aos conflitos afecta directamente aos nenos, que son asprimeiras vítimas de ataques á poboación civil, as enfermidades e adesnutrición. Ademais, a ruptura eseparación das familias é un feito habitual napoboación refuxiada, algo que marcará permanente a vida dos nenos.

Dende UNICEF traballamos para mitigar o impacto que o desprazamento forzosoten nos nenos refuxiados. Deste modo, loitamos para que o seu desenvolvemento físico e emocional se vexa afectado o menos posible.

DÍA MUNDIAL Do REFUxIADO: A CRISe SIRiA xERA CIFRAS arrepiANTES

De todas as emerxencias activas no mundo, oconflito sirio é o que produciu as cifras máis arrepiantes. 3,8 millóns de sirios vivien refuxiadosnos países veciños, dos cales 2 millóns son nenos. Ademais, 7,6 millóns de persoas encóntranse desprazadas dentro do país.

Pero non é Sirya o único punto onde os niveis de refuxiados son preocupantes. Emerxencias como as que vive o país máis novo do mundo, Sudán do Sur,República Centroafricana ou Nixeria tamén están a obrigar a súa poboación a deixar as súas vidas atrás en busca dun futuro a salvo.

DÍA MUNDIAL Do REFUxIADO: INFANCIAS EN PErIGO

Cando un neno se converte en refuxiado, a súainfancia e o seu desenvolvementoquedan automaticamente en perigo. O seu barrio, o seu colexio, os seus amigos, os seus xoguetes... Non volverá velos en moito tempo, quizais nunca. A experiencia pode crear uns traumas imborrables para o resto da súa vida.

Se podes, doa o noso fondo de emerxencias e contribúe a conseguir que os nenos refuxiados teñan acceso a auga potable, educación, nutrición e protección.