Día Universal do Neno: Sergio Ramos e Pau Gasol súmanse a 'Actúa contra o inxusto'

Este 20 de novembro, Día Universal do Neno, en UNICEF lanzamos unha campaña a nivel internacional, Actúa contra o inxusto, para defender os dereitos dos nenos máis vulnerables.

 

Con esta iniciativa, que se prolongará durante os próximos meses, pretendemos mobilizar á poboación para loitar contra as inxustizas que sofren os nenos hoxe en día.
 
Os embaixadores de UNICEF en todo o mundo foron os primeiros en sumarse. Dende UNICEF España, Sergio Ramos ePau Gasol unen as súas forzas ás doutros embaixadores internacionais como Orlando Bloom, Liam Neeson, Sir Roger Moore, Shakira, Ricky Martin, Priyanka Chopra, Novak Djokovic, Mia Farrow, Ishmael Beah, Susan Sarandon eAngelique Kidjo.
 
Xuntos tratarán de espertar ointerese a poboación por diferentes situacións inxustas que sofren os nenos, animándoos a escoller e darlle voz á situación que máis lles preocupe e a compartir as súas ideas a través das redes sociais para lograr que o mundo sexa un lugar máis xusto para todos os nenos.
 

DÍA UNIVERSAL Do NenO: o MUNDO SeGUE SENDO UN LUGAR INxUSTO PARA OS NenOS

O mundo segue sendo un lugar profundamente inxusto para os nenos máis pobres e máis desfavorecidos, a pesar dos grandes avances logrados desde a adopción da Convención sobre os Dereitos do Nenoen 1989, segundo o  informe de UNICEF publicado hoxe:Para cada neno, unha oportunidade.
 
Por este motivo, desde UNICEF Comité Español, convidámosvos a seguir nas próximas semanas moi de preto esta campaña para descubrir as situacións inxustas ás que os nosos embaixadores, Sergio Ramos e Pau Gasol darán voz. Animámosvos a sumarvos ás causas que máis vos mobilicen achegando as vosas ideas e creando un diálogo comprometido en redes sociais.
 
Como Rodrigo, de 17 anos, que xa se sumou achegando a súa visión para pór fin áviolencia contra os nenos: "A miña idea de pór fin á violencia contra os nenos é defender a educación primaria e secundaria universal para todos os nenos e nenas".