Domiz, Iraq: fogar de 40.000 refuxiados sirios

O campo de refuxiados de Domiz, en Iraq, encóntrase a uns 60 quilómetros da fronteira con Sirya. Foi construído orixinalmente para aloxar 22.000 persoas. Hoxe en día é fogar de 40.000 refuxiados sirios.

En Domiz as instalacións de auga, saneamento e hixiene no sitio son moi deficientes, o que aumenta o risco de que o campamento poida converterse en terreo fértil para a propagación dalgunha enfermidade. Co fin de evitar un posible brote de sarampelo e outras enfermidades, UNICEFincrementou recentemente as súas campañas de vacinación enDomiz e en toda a rexión.

o CONSTANTE ÉXODO SIRIO AUMENTA o RIScO DE ENFERMiDADe

Sen un final á vista para a crise siria, cada vez máis refuxiados cruzarán as fronteiras cara aos países veciños. Moitos deles chegarán sen estar inmunizados, como resultado da interrupción dos servizos de saúde no seu país. Isto non sóaumentará o risco de infección, senón que tamén situará as comunidades de acollida e a poboación do campamento en grave risco, especialmente aos nenos. UNICEF está a traballar xunto aos seus aliados en inmunización para protexer os nenos.

IRAQ NOn DISPóN DE SUFICIENTES RECURSOS

En canto a servizos básicos de saúde,Iraq ten unha das máis altas taxas de mortalidade neonatal e unha das taxas de cobertura máis baixas de vacinación. A situación agrávase aínda máis polo continuo desprazamento de 1,2 millóns de iraquís causado polos disturbios no país. Con máis de 150.000 refuxiados sirios que buscan refuxio en comunidades de acollida e os campamentos ao longo da fronteira,a axuda dos organismos internacionais é agora máis importante que nunca. A campaña de vacinación actual é un bo exemplo de como UNICEF está a intensificar os seus esforzos para axudar.