Dona Sofía, co Padroado de UNICEF España

A súa Maxestade a Raíña, Presidenta de Honra de UNICEF España, presidiu hoxe unha reunión extraordinaria do Padroado da organización, nun acto no que estivo acompañada pola Ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Ana Mato.

O Padroado de UNICEF España, presidido por Consuelo Crespo, informou a Doña Sofía sobre as prioridades da organización e o seuplan estratéxico para seguir alcanzando resultados para a infancia máis vulnerable.


"Camiño de cumprir 70 anos de vida, UNICEF segue traballando con máis forza e entusiasmo que nunca co obxectivo de construír un mundo xusto mediante a defensa, a protección e o desenvolvemento dos dereitos da infancia, e á vez afronta retos moi relevantes para garantir a súa capacidade de cumprir a súa misión no futuro, nun mundo en rápida transformación," sinalou Consuelo Crespo.


A Presidenta deUNICEF España quixoagradecer especialmente a Súa Maxestad a Raiña o seu apoio e o seu compromiso con UNICEF e coa infancia. "Grazas porque estivo presente en todos os momentos importantes da nosa traxectoria. Grazas por presidir hoxe esta sesión do noso Padroado".


Mentres, o Director Executivo de UNICEF España,Javier Martos, explicou os retos da organización para os próximos anos, centrados en incrementar o apoio aos programas de UNICEF en máis de 150 países en desenvolvemento e en conseguir que a infancia e os seus dereitos se convertan nunha prioridade política e social.

Martos tamén incidiu nos retos da infancia a nivel global, destacando os logros alcanzados nos últimos anos, como a redución da mortalidade infantil nun 41%, cando o mundo se encontra na conta atrás para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM), ao que Dona Sofía indicou que hai que poñer novas metas para despois de 2015".

Pola súa banda, a Patroa de UNICEF España e Presidenta deUNICEF Comité Baleares, María Antonia Caimari, interveu en nome dos voluntarios da organización para narrar a súa experiencia persoal e concluír que a inquietude dos voluntarios e "valores como o esforzo e o compromiso deben converterse en resultados para a infancia".
 

TRAxECTORIA COMO PRESIDENTA DE HONRa

Dona Sofía visitou a sede de UNICEF España en varias ocasións para presidir reunións do Padroado da organización. A última vez foi en novembro de 2006. A nivel internacional, inaugurou a XXVI Reunión dos Comités Europeos de UNICEF, en 1981 en Madrid; e a 53 Reunión Anual dos Comités Nacionais de UNICEF, en 2008 en Barcelona.

A súa Maxestade a Raíña éPresidenta de Honra de UNICEFEspaña dende 1971, cargo que aceptou cando aínda eraPrincesa. Dende entón, demostrou en numerosas ocasións o seu compromiso polo benestar dos nenos e nenas e polo respecto dos dereitos da infanciarecollidos na Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN). Precisamente, en 2009 asistiu en Madrid á presentación dunha edición especial do informe de UNICEF Estado Mundial da Infancia, con motivo do 20 aniversario da CDN.

O último acto deUNICEF no que participara foi en novembro de 2011 en Madrid, cando moderou o almorzo-coloquioO papel das mulleres na loita polo desenvolvemento, celebrado con motivo do 50 aniversario deUNICEF España.