Dona Sofía recibe á Comisión Permanente do Padroado de UNICEF España
A súa Maxestade a Raíña, Presidenta de Honra de UNICEF Comité Española, recibiu hoxe en audiencia á Comisión Permanente do Padroado da organización.
Dona Sofía foi informada durante o encontro sobre asituación actual de UNICEF Comité Español, osproxectos de futuro e o estado dainfancia no mundo.
Neste sentido, presentóuselle o informe O Estado Mundial da Infancia (EMI) de 2014 en cifras, publicado esta semana por UNICEF e no que se insta a realizar un maior esforzo e impulsar a innovación para identificar e abordar as brechas que impiden que os nenos máis desfavorecidos de entre os 2.200 millónsque hai no mundo gocen dos seus dereitos.
Á audiencia acudiron apresidenta da Comisión Permanente do Padroado deUNICEF Comité Español, Consuelo Crespo; o secretario xeral da Comisión,Enrique Piñel López; otesoureiro, José Luis Herrero, e os vogais desta, Ángel Escudero e María Luisa Cancela.
A súa Maxestade a Raíña é Presidenta de Honra de UNICEF España dende 1971, cargo que aceptou cando aínda era Princesa. Dende entón, demostrou en numerosas ocasións o seu compromiso polo benestar dosnenos e nenas e polo respecto dos dereitos da infancia recollidos na Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN).
Dona Sofía presidiu en abril de 2013 unha reunión extraordinaria do Padroado de UNICEF Comité Español. Nesta ocasión os membros da Comisión Permanente despedíronse da súa Maxestade a Raíña, xa que a finais de febreiro cambiará a composición do devandito organismo.