Dous distritos de Etiopía poñen fin á mutilación xenital feminina

Os distritos de Amibara e Awash-Fentale, da rexión de Afar, no este de Etiopía, puxeron fin á práctica da mutilación xenital feminina. Para amosar o seu compromiso, emitiuse hai pouco tempo unha declaración oficial e ambas localidades celebraron unha cerimonia pública onde os dirixentes anunciaron que ían vixiar o seu cumprimento.

"Ver tantas nenas aquí que estánorgullosas de non ter sido circuncidadas é unéxito enorme, o que se consideraría tabú hai uns anos", afirmou Asiya Oumer, Representante da Federación de Mozos de Afar.
 
"Trátase dun resultado moi importante para todos nós. O noso obxectivo futuro é conseguir un abandono da mutilación xenital feminina en Afar", manifestou Tabeyin Gedlu, Especialista en Comunicación de Programas de UNICEF.
 

Os líderes amosan o seu compromiso nunha cerimonia

[]

Para lograr o abandono desta práctica nos dous distritos, oapoio dos líderes relixiosos e dos xefes dos clans foi fundamental, debido á importante influencia que exercen sobre a comunidade.
 
Segun un estudo realizado no 2010 pola Rohi Weddu Pastoralist Women's Development Organization, un aliado local, a mutilación xenital descendeu rapidamente nestas comunidades durante a última década.
 
Durante a cerimonia no distrito de Amibara, o Gobernador, Bidar Ali, declarou que a escisión non se volvería a practicar no distrito. Moitas persoas que exerceran esa práctica tamén fixeron públicas as súas promesas á comunidade de non exercer de novo a súa antiga profesión.

En Awash-Fentale, nunha cerimonia semellante, un grupo de nenas expresaron o seu orgullo de non ter sido circuncidadas.

Impacto noutras comunidades

Mohammed Asheraye, Administrador dun distrito veciño, prometeu seguir os pasos de Amibara e Awash-Fentale e declarar o abandono da mutilación xenital feminina no seu distrito proximamente.

A iniciativa para abandonar a ablación comezou hai aproximadamente uns dez anos en ambos distritos. No 2008, UNICEF e o Fondo de Poboación das Nacións Unidas (UNFPA) comezaron un programa conxunto para brindar apoio a eses esforzos na localidade de Semera, na mesma rexión.