É necesario actuar agora para chegar e protexer os nenos atrapados polo conflito de Sirya

A situación dos civís atrapados polo conflito de Sirya é cada vez máis desesperante, polo que é necesario aumentar os esforzos para permitir o acceso da axuda humanitaria que protexa as vidas de miles de nenos.

 

Con motivo da celebración da 68ª Asemblea Xeral da ONU, que reúne líderes mundiais en Nova York, UNICEF advertiu de que a espiral de violencia provoca que os nenos teñan problemas para recibir axuda de emerxencia comovacinas, auga potable, refuxio seguro, educación e apoio psicolóxico.

"A medida que continúa o conflito -algunhas áreas estiveron baixo sitio durante meses-, as familias van tendo máis dificultades para sobrevivir", dixo o Director Executivo de UNICEF,Anthony Lake. "Os nenos de Sirya sufriron demasiado durante moito tempo, e seguirán sufrindo as consecuencias desta crise durante moitos anos", engadiu.

"Temos que chegar a estes nenos, con urxencia e sen restricións, e son as distintas partes do conflito as que poden facer que istosuceda de inmediato permitindo aos traballadores humanitarios chegar a eles con asistencia que salva vidas", dixo.

Acceso á  saúde e a educación dos nenos de Sirya

Un exemplo práctico de como o libre acceso podería salvar vidas, asegura Lake, é apróxima campaña de vacinación -que terá lugar con motivo do Día da Saúde Infantil-, que ten como obxectivo protexer os nenos dentro de Sirya contra enfermidades prevenibles, centrándose especialmente nos700.000 nenos que aínda non foron vacinados nas campañas levadas a cabo.

Os servizos esenciais, como a saúde e a educación, tamén requiren unha protección especial, sinalou UNICEF. As escolas e os centros de saúde non deben ser obxectivos dos ataques, senón que deberían ser "zonas de paz" onde as mulleres e os nenos poden buscar axuda e apoio, dixo Lake.

Durante a maior parte deste ano, UNICEF e os seus aliados tiveron serias dificultades para chegar a centos de miles de nenos en Aleppo, zonas rurais de Damasco, gran parte de Homs,Deir ezZour e as zonas rurais de Deraa. Moitas subministracións médicas, como vacinas, foron retidas nos controis, e tamén se atrasaron tarefas fundamentais como a reparación de canalizacións de auga.

Para poder ter acceso humanitario sen obstáculos é necesario contar co compromiso do goberno sirio e dos grupos da oposición. Hai diferentes formas de conseguilo, como facer pausas que permitan o acceso seguro dos traballadores humanitarios para que poidan traballar con seguridade e distribuír con liberdade as subministracións.

"Os traballadores humanitarios deben ser capaces de entregar de forma segura a axuda ás mulleres e nenos máis vulnerables en toda Sirya", subliñouLake. "Isto inclúe o traballo en áreas como a saúde e o saneamento, xa que mesmo tarefas imprescindibles como a vacinación dos nenos, non se están podendo realizar en moitas zonas afectadas. "

UNICEF traballa dentro e fora de Sirya

A pesar dos desafíos, UNICEF está a traballar cos seus aliados para apoiar con servizos esenciais aos nenos estean onde estean, mesmo detrás das liñas de oposición, dixoLake. "Este ano nós e os nosos socios proporcionamos acceso a auga potable a 10 millóns de persoas dentro de Sirya, e nos dous últimos anos vacinamos2 millóns de nenos contra o sarampelo. Neste momento estamos a entregar materiais escolares para que un millón de nenos sirios poidan volver á escola en todo o país. "

"Non obstante, as necesidades seguen sendo inmensas. Para chegar a todos aqueles aos que aínda non puidemos alcanzar, os traballadores humanitarios teñen que ser capaz de moverse libremente e con seguridade en todas as partes do país e se deben protexer os servizos esenciais", asegurou Anthony Lake.

Calquera persoa podecolaborar co traballo de UNICEF na crise de Sirya enviando unha mensaxe de texto coa palabra UNICEF ao 28028, ou realizando a súa contribución a través da web: www.unicef.es/siria