É posible acabar coa desnutrición crónica infantil
A desnutrición crónica infantil pódese combater. Esta é a conclusión que destaca un novo informe de UNICEF publicado o 15 de abril, que afirma que se alcanzou un grande avance na loita contra a desnutrición crónica.
No mundo máis de 165 millóns de nenossofren desnutrición crónica, o que significa que afecta a máis de 1 de cada 4 nenos. O 80% vive en só 14 países.
A desnutrición
crónica provoca atraso no crecemento e indica unhacarencia dos nutrientes necesarios durante un
tempo prolongado. Non é só cuestión de baixa estatura, senón que
tamén pode implicar atraso no desenvolvemento do cerebro e da
capacidade cognitiva ademais de aumentar o risco de contraer
enfermidades.
"A desnutrición
crónica pode eliminar oportunidades na vida dun neno e tamén
oportunidades de desenvolvemento dunha nación", dixo o
Director Executivo de UNICEF,Anthony Lake. "As nosas evidencias do
progreso que se está a alcanzar mostran que agora é o momento de
aceleralo. "
os dous primeiros anos da vida do neno son claves
A desnutrición crónica e outras formas de desnutrición redúcense a través dunha serie de pasos simples e comprobados, como a mellora da nutrición das mulleres, a lactación materna temperá e exclusiva, a subministración de vitaminas e minerais, así como a alimentación axeitada.
O informe de UNICEF destaca os éxitos na ampliación e mellora das políticas de nutrición, programas e cambios de comportamento en 11 países: Etiopía, Haití, India, Nepal, Perú, Ruanda, República Democrática do Congo, Sri Lanka,Kirguistán, República Unida de Tanzania e Vietnam.
Grandes progresos en India, Perú e Etiopía
En Perú,a desnutrición crónica reduciuse nun terzo entre 2006 e 2011 a raíz dunha iniciativa contra a desnutrición infantil que incidiu nos candidatos políticos a asinar un compromiso '5 en 5 por 5' para reducir a desnutrición crónica en nenos menores de 5 anos nun 5 por cento en 5 anos e reducir as desigualdades entre as zonas urbanas e rurais.
Etiopía reduciu a desnutrición crónica do 57% ao 44% e a mortalidade de menores de 5 anos pasou de 139 mortes por cada 1.000 nacidos vivos a 77 por 1.000 entre 2000 e 2011. Os pasos clave desta evolución incluíron un programa nacional de nutrición, proporcionar unha rede de seguridade nas zonas máis pobres e aumentar a asistencia nutricional a través das comunidades.