É posible lograr unha xeración libre de VIH/SIDA
Un novo informe publicado hoxe por UNICEF mostra que se lograron grandes avances para impedir a transmisión do VIH/SIDA de nai a fillo, xa que se evitaron máis de 850.000 novas infeccións de recén nacidos entre 2005 e 2012 nos países de baixos e medianos ingresos.
2,1 millóns de adolescentes viven con VIH/SIDA
Aumentando o financiamento e o investimento en medidas innovadoras sería posible superar moitos destes problemas, di o informe.
No informe preséntase unha nova análise que indica que se en 2014 seaumenta o financiamento eninvestimentos de grande impacto ata uns 5.500 millóns de dólares aproximadamente, se podería evitar a infección de 2 millóns de adolescentes, especialmente nenas, antes de 2020. Os investimentos en 2010 alcanzaron os 3.800 millóns de dólares..
Chegar aos adolescentes para evitar o VIH/SIDA
As intervencións de grande impacto inclúen: preservativos, tratamento con antirretrovirales, prevención da transmisión de nai e fillo, circuncisión masculina médica voluntaria, concienciar para lograr cambios de conduta e realizar enfoques específicos para as poboacións en risco e marxinadas. Todo isto sumaríase aos investimentos noutros sectores como a educación, a protección social e o benestar, e o fortalecemento dos sistemas de saúde.
Ao contrario do que acontece cos adolescentes, os progresos foron impresionantes naprevención das novas infecciónspor VIH entre osrecén nacidos. En 2012 contraeron o virus uns260.000 nenos, mentres que en 2005 foron 540.000.
Grandes avances na loita contra o VIH/SIDA
Algúns dos éxitos máis notables producíronse en países cunha alta taxa de VIH/SIDA, en África subsahariana. As novas infeccións en recén nacidos descenderon entre 2009 e 2012 un 76% enGhana, un 58% en Namibia, un 55% en Zimbabwe, un 52% en Malaui e Botsuana, e nun 50% enZambia e Etiopía.
O novo informe fai tamén fincapé en que para lograr que sexa posible unhaxeración sen VIH/SIDAdebe aumentar o número de nenos que recibe tratamentoantirretroviral. Soamente o 34% dos nenos que vivían con VIH/SIDA nos países de baixos e medianos ingresos recibiron o tratamento que necesitaban en 2012, en comparación co 64% dos adultos. Como resultado, ao redor de 210.000 nenos morreron debido a enfermidades relacionadas co VIH/SIDA en 2012.
Lograr unha xeración libre de VIH e posible
As innovacións e os novos sistemas de traballo están a lograr que as probas de detección e o tratamento sexan máis accesibles, eficaces e eficientes. Un exemplo é o uso dos teléfonos móbiles en Zambia e Malauiano para producir rapidamente resultados da proba doVIH. Isto facilitou que as nais reciban diagnósticos sobre os seus bebés máis rapidamente que o que acontecía cos resultados distribuídos a man.
O desafío agora consiste
en aplicar o coñecemento que xa se ten, seguir centrándose nos
nenos e os adolescentes máis vulnerables e marxinados, e aproveitar
as novas oportunidades e innovacións ao mesmo tempo que se utilizan
os recursos do xeito máis eficaz e eficiente posible.
"O mundo ten agora a
experiencia e os instrumentos para lograr unha xeración
libre de VIH/SIDA. Os nenos
deben ser os primeiros en beneficiarse dos nosos éxitos na loita
contra o VIH/SIDA, e os últimos en
sufrir cando non logramos os resultados desexados", dixoLake.