Ébola: 1 de cada 5 contaxiados polo virus é un neno

ébola tivo consecuencias desvastadoras para os nenos. Das máis de 24.000 persoas infectadas, unhas 5.000 foron nenos, o que constitúe un 20% dos casos de infección en Guinea, Liberia e Serra Leoa. E máis de 16.000 menores perderon un dos seus pais, ambos os dous ou o seu coidador principal.

Ademais, para moitos dos 9 millóns de nenos que viven nas zonas afectadas, o ébola constituíu unha experiencia aterradora. Trátase de nenos que foron testemuñas de morte e sufrimento que non alcanzan a comprender.

No novo
informe (en inglés) que presentamos hoxe, destacamos o urxente que resulta chegar a cero casos de ébola e conseguir que se restablezan os servizos básicos nos países máis afectados.
 

Ébola: "Non podemos baixar a garda"

"O brote non terá sido eliminado ata que cheguemos a cero casos, e para iso debemos rastrexar e vixiar cada un deles. Non podemos darnos o luxo de baixar a garda", explica Barbara Bentein, Coordinadora Mundial de UNICEF para a emerxencia do ébola. "Ao mesmo tempo, é necesario que se restablezan os servizos básicos de xeito seguro e responsable, empregando para iso os logros obtidos durante a resposta,".

O informe examina as terribles consecuencias que tivo o ébola nos nenos ao atacar algunhas das comunidades máis vulnerables dos países máis vulnerables do mundo.

O estudo tamén mostra que os labores de sensibilización deron os seus froitos. Nunha enquisa que se levou a cabo en Liberia, por exemplo, o 72% dos entrevistados cre que calquera persoa con síntomas do ébola obtería mellores coidados nun centro de tratamento que no seu fogar, o cal é significativo porque moitos evitaban eses centros, de modo que as vítimas do ébola qu
edaban na casa e propagaban a infección na comunidade.
 

Ébola: Protexemos a miles de nenos contra enfermidades mortais

Mentres participamos nas actividades de resposta ao ébola, dende UNICEF inmunizamos miles de nenos contra outras enfermidades mortais, como o sarampelo; fortalecemos os servizos de atención primaria; e axudamos a reducir ao mínimo o risco de infeccións co ébola que poderían ter acontecido ao continuarse as clases tras o peche das escolas, que mantivo uns 5 millóns de nenos fóra das aulas durante varios meses.