Ébola: 5 razóns para non baixar a garda
Fai xa algúns meses que as noticias sobre o brote de ébola en África Occidental non están tan presentes nos nosos medios de comunicación.
Significa isto que o virus deixou de ser un
problema? Aínda que é certo que hai motivos para a esperanza e que
o ritmo de contaxio descendeu, aepidemia segue causando moito dano nospaíses afectados.
Por iso, dende UNICEF queremos
destacar 5 razóns para non baixar a garda ata que
o brote sexa completamenteerradicado:
1. Nestes momentos, aínda se rexistran máis de 130 novos
casos por semana en África Occidental.
Mentres siga habendo un só caso
de ébola,
a vida de millóns de persoas estará
ameazada.
2. Os sistemas de saúde dos países deÁfrica Occidental están moi debilitados. Se non se
volve canto antes á normalidade, os brotes de enfermidades
perigosas para os nenos como a malaria ou
o sarampelo serán cada vez máis
comúns.
3. O ébola freou
o desenvolvemento económico dos países afectados,
algúns dos cales, como Liberia e Serra
Leoa, trataban de recuperarse tras anos de guerra
civil. É moi importante reducir o impacto da
epidemia para non perder todo o gañado ata
agora.
4. Case 10 millóns de nenos viven en zonas
afectadas polo ébola e
máis de 16.000quedaron orfos.
Estes nenos necesitan apoio para superar a
situación de perda e sufrimento á
que se están a enfrontar.
5. Cinco millóns nenos acaban de volver ao colexio
despois de meses sen poder ir a clase e hai que
extremar as medidas de prevención para evitarcontaxios na 'volta ao cole'.
Estas 5 razóns demostran que o peor brote
de ébola da
historia segue activo. O virus levouse xa máis de10.000 vidas e os casos de contaxio de achegan aos25.000. Por iso, en UNICEF non
imos descansar ata que non haxa ningún caso
de ébola etodos os países afectados sexan declarados libres da
enfermidade. Se podes, colabora para que o sufrimento de millóns de nenos remate
canto antes.