Ébola: chegan a Liberia 68 toneladas de subministracións
Un avión de carga con 68 toneladas métricas de subministracións de saúde e hixiene de UNICEF aterrou en Monrovia o 23 de agosto para intensificar a loita contra o peor brote de ébola da historia.
Este cargamento, procedente do almacén mundial de subministracións de UNICEF en Copenhague, contén produtos básicos de emerxencia para os traballadores da saúde, para que se protexan e para evitara propagación da infección.
O envío incluía 27 toneladas métricas decloro concentrado paradesinfección e purificación daauga, e 450.000 pares de luvas de látex. A bordo tamén había subministracións deprodutos intravenosos, saes de rehidratación orale alimento terapéutico para pacientes en tratamento.
O ministro de Saúde e Benestar de Liberia, Tolbert Nyenswah, e representantes de UNICEF esperaban o avión coas subministracións, que serán distribuídos a instalacións sanitarias de todo o país, moitas das cales teñen falta de materiais básicos de atención sanitaria.
"UNICEF foi amigo e socio de Liberia durante décadas e estivo aquí nalgúns dos nosos días máis escuros (...) Estamos moi agradecidos por estas subministracións, que nos axudarán para empezar a desinfectar, reabastecer e reabrir clínicas e hospitais para que poidan renovar aprestación de servizos esenciais de saúde aos liberianos".
Ata o 20 de agosto había máis de 1.000 casos confirmados como sospeitosos de ébola enLiberia, con 613 mortesvinculadas ao brote. A rápida propagación da enfermidade débese en parte ao débil sistema de atención sanitaria do país, seriamente danado polos anos de guerra civil.
"A atención sanitaria básica non
pode ser a próxima vítima do ébola. UNICEF estivo traballando en
múltiples frontes desde o inicio do brote para proporcionarsubministracións de necesidade crítica, e
fortalecendo ás comunidades coa información que
necesitan para frear a propagación da
enfermidade. Este cargamento complementará eses esforzos
con máis subministracións para as instalacións sanitarias, apoiar ocontrol da infección e protexer aos
traballadores de saúde que están en primeira liña," dixo
Sheldon Yett, representante de UNICEF Liberia.
Estas subministracións foron adquiridos e entregados co apoio do equipo de resposta ao desastre do ébola de USAID, que coordina os esforzos do goberno de Estados Unidos para frear a expansión do brote.
"Enfrontámonos ao brote de ébola mais devastador da historia", apuntou o responsable de USAID, Tim Callaghan. "Controlar isto levará un esforzo global coordinado. Traballamos con UNICEF durante meses para garantir que o equipamento médico e mensaxes esenciais chegan ás persoas e lugares que máis o necesitan".
Brote de ébola: o traballo de UNICEF
UNICEF enviará esta semanasubministracións de saúde adicionais en nome do
goberno de Liberia, algo que é posible grazas ao financiamento do
Banco Mundial. UNICEF tamén axudará ao executivo aavaliar a capacidade dacadea de subministracións do país, que quedou
debilitada por esta crise.
UNICEF xa proporcionou materiais e apoio técnicopor valor de 2 millóns de dólares, incluíndo subministracións sanitarias, equipo de protección para traballadores sanitarios; cloro, sprays e outros artigos de auga, hixiene e saneamento; e motocicletas e outros elementos de apoio loxístico para que os traballadores comunitarios de saúde e outros aliados poidan ir dun lado a outro.
UNICEF tamén está a enviar equipos de comunicadores tradicionais para difundir mensaxes de prevención ao longo de Liberia, e producindo comunicacións impresas e programación de radio para alertar da situación.