Ébola en África: Guinea queda libre da enfermidade
Esta é, sen dúbida, unha das grandes noticias do ano 2015 que toca ao seu fin. En UNICEF celebramos a declaración do fin da epidemia de ébola en Guinea, onde se rexistrou o primeiro caso do virus hai agora dous anos.
No entanto, advertimos de que os miles de nenos que quedaron orfos pola enfermidade, así como quen sobreviviron, necesitarán apoio continuo.
"Mentres celebramos esta ocasión,
todos debemos lembrar que os nenos se viron gravemente afectados
polo ébola. Eles eran máis propensos a morrer se se infectaban.
Máis de 22.000 nenos perderon a un ou ambos osproxenitores en Guinea, Liberia eSerra Leona. Están traumatizadose continúan sendo estigmatizados nas súas
veciñanzas", sinalou o Represente de UNICEF en Guinea, o doutor
Mohamed Ag Ayoya.
"Para miles de nenas e nenoso brote non termina hoxe. Seguirá con eles durante
toda a súa vida. Comprometámonos a estar con eles tamén",
agregou.
A Organización Mundial da
Saúde (OMS) e o Goberno de Conakry declararon oficialmente
este 29 de decembro a Guinea como un país
libre de ébola. Un país previamente afectado considérase
libre de transmisión de ébola se non rexistra ningún novo
caso durante un período de 42 días, o dobre do período
máximo de incubación do virus. Serra Leona alcanzou ese fito en
novembro e espérase que Liberia sigas as súas
pegadas a mediados de xaneiro.
Só en Guinea 519 nenos morreron
de ébola, 6.220 nenos perderon a un ou ambos os proxenitores ou
coidadores e 230 sobreviviron ao virus.
UNICEF estivo actuando desde o
inicio do brote: proporcionando subministraciónsnecesarias, enviando movilizadores sociais a informar sobreprevención ás comunidades, distribuíndoauga e saneamento, apoiando aosorfos e outros nenos afectados, e garantindo que
todos os nenos puidesen continuar a súa
educación.
ÉBOLA EN ÁFRICA: o GRAN RETO é RECONSTRUIR o SISTEMA DE SAúDe
Un dos principais retos a partir
de agora será reconstruír e fortalecer unssistemas de saúde que quedaron profundamente
afectados polo ébola. En Guinea as vacinacións para nenos menores
dun ano caeu un 30%, as hospitalizacións diminuíron un 54% e os
partos asistidos por un profesional reducíronse nun 11% entre
xaneiro e agosto de 2014, segundo o Goberno.
"Co xeneroso apoio dos nosos
doantes, UNICEF e os nosos aliados seguiremos coa reconstrución do
sistema de saúde. O longo camiño que temos por diante require un
sostido e robusto seguimento para asegurarnos de que o ébola non
atope ningún refuxio seguro aquí", dixo Ayoya.