Ébola en África: necesítanse fondos para frear a epidemia

Para expandir a nosa loita contra o virus do ébola en África Occidental durante o próximos seis meses, necesitamos máis de 400 millóns de euros dos cales só o 24% (máis de 101 millóns de euros) están asegurados.
 
Os fondos permitirannos continuar a loita contra os dous principais impulsores da transmisión de ébola - a falta de illamento precoz dos pacientes e os enterros inseguros - á vez que aproveitar as oportunidades para fortalecer a atención primaria da saúde e os sistemas de apoio social nunha das rexións máis pobres do mundo.
 
"UNICEF está a acelerar o seu traballo no corazón das comunidades para deter o brote, apoiando o illamento precoz dos pacientes, promovendo enterros máis seguros e aumentando a conciencia e a comprensión do virus e os seus riscos," explica o doutor Peter Salama, Coordinador Global da emerxencia do ébola de UNICEF.
 
"Pero á vez que facemos fronte á loita contra o ébola nas comunidades, tamén podemos aproveitar a oportunidade para axudar a construír a atención primaria da saúde e outros servizos sociais que proporcionarán beneficios a longo prazo para os nenos e as familias, unha vez que o ébola fose derrotado."

 

Ébola en África: loitar contra o virus e fortalecer ás comunidades

Os fondos deste chamamento utilizaríanse para:

  • Promover comportamentos que poidan salvar vidas, incluíndo o enterro seguro e prácticas de illamento temperás mediante campañas nos medios masivos, de casa a casa e a formación e despregamento duns 60.000 voluntarios comunitarios
  • Apoiar a 300 centros comunitarios, centros de tránsito, centros de observación e as instalacións de illamento nas zonas rurais
  • Proporcionar servizos de protección infantil con capacidade para 10.000 nenos orfos polo ébola
  • Manter as existencias de equipos de protección persoal e outros produtos básicos relacionados co ébola como os esenciais para a prevención e control de infeccións
  • Manter ou prepararse para reiniciar de maneira segura os servizos básicos de saúde e educación

ébola en África castiga aos países con sistemas de saúde fráxiles

"Non é casualidade que o ébola aparecese en tres países con sistemas de saúde fráxiles", explica o doutor Salama. "Os servizos de saúde pública nos países afectados polo ébola poderían ser moito máis fortes se facemos os investimentos correctas agora, nos lugares correctos - sobre todo ás portas das comunidades onde a xente máis necesita eses servizos críticos."

Ébola en África: a resposta de UNICEF

A resposta de UNICEF contra o ébola tamén impacta noutros sectores máis aló da saúde. Coas escolas pechadas, desde UNICEF traballamos cos Ministerios de Educación e outros aliados para apoiar a aprendizaxe continua e transmitir leccións por radio, e a través dos módulos de aprendizaxe autodirigido. Tamén estamos a traballar para preparar a reapertura segura das escolas. Decenas de miles de mestres están a ser adestrados en técnicas de apoio psicosocial, prevención do ébola e contornas de aprendizaxe seguros e protectores, de novo para fortalecer as respostas comunitarias.
 
Ademais, estamos a apoiar aos países en risco de brotes de ébola para que estean preparados, a través de campañas de sensibilización e proactivos, antes de calquera brote.
 
Se podes, feixe un donativo para frear o ébola.