Ébola en África: os nenos de Guinea volven a clase
Tres meses despois do inicio do curso, Guinea inicia a reapertura das escolas coa axuda de UNICEF e os seus aliados.
O noso traballo céntrase agora na prevención para que non volvan aumentar os casos de ébola e os nenos e as nenas que volvan a clase estean protexidos.
Proporcionamos xa 48.000 kits de hixiene aos colexios e tamén estamos a traballar para reducir o risco de transmisión de ébola a través da formación de profesores para implementar medidas de seguridade, como a toma diaria de temperatura. Tamén estamos a fornecer ás escolas, a medida que abren as súas portas, termómetros e kits de lavado de mans.
Ébola en África: Alumnos e profesores seguros
As alumnas e os alumnos que se incorporan a clase tamén recibiron formacións específicas nas que aprenderon a protexerse do ébola. Safiatou Sampoue, de 10 anos, non os explica no vídeo.
Se podes, feixe un donativo para frear o ébola.