Ecix Group adhírese á iniciativa Multiplica pola Infancia a prol da educación

A empresa de servizos xurídicos Ecix Group asinou un acordo de colaboración con UNICEF Comité Español a través do cal se adhire a Multiplica pola Infancia, unha iniciativa especialmente deseñada para a pequena e mediana empresa, as asociacións profesionais e outros colectivos do sector privado, cuxo obxectivo é mobilizar recursos a favor da educación dos nenos máis vulnerables de África.
 
 
As entidades Multiplica poden elixir destinar a súa doazón aos Recursos Regulares de UNICEF ou a Escolas para África, unha iniciativa de UNICEF, a Fundación Nelson Mandela e a Fundación Peter Krämer, que escolarizou ata o momento, a21 millóns de nenos orfos, nenos que viven en situación de pobreza extrema e outros nenos vulnerables de África.

A iniciativa axudou a reconstruír escolas, subministrar auga potable e servizos de saneamento, vacinación e controis de saúde para os nenos; así como comidas escolares eformación para profesores nalgunhas das zonas máis remotas.