'A Educación ante todo', unha nova iniciativa de Nacións Unidas pola educación universal

O Secretario Xeral das Nacións Unidas, BAN Ki-moon, obtivo hoxe 1.500 millóns de dólares en compromisos de doazón de fondos destinados a converter a educación nunha das principais prioridades mundiais e a impulsar o progreso cara á consecución do Obxectivo de Desenvolvemento do Milenio sobre a educación.


 

A iniciativa A Educación ante todo ten o importante obxectivo de mobilizar a todos os aliados -tanto habituais coma novos- co fin de conquistar a educación primaria para todos antes de 2015, a data límite prevista para a consecución dos ODM.Precísanse 24.000 millóns de dólares por ano para emendar as carencias que afectan aos nenos e nenas que non asisten á escola primaria nin á escola secundaria inferior. Estou moi satisfeito e agradecido polas xenerosas achegas que hoxe se realizaron, que serven para dar un impulso á iniciativa 'Educación ante todo" co fin de lograr os seus obxectivos", declarou o Secretario Xeral, BANKi-moon. "Os nosos obxectivos comúns son sinxelos: queremos que os nenos e nenas asistan á escola primaria e que prosigan cara a un ensino superior que lles axude a ter éxito na vida".

Compromiso de gobernos e empresas

Australia, Bangla Desh, Dinamarca, Sudáfrica e Timor-Leste figuraron entre os países que se comprometeron a intensificar o seu apoio a esta nova alianza mundialcoñecida como "A educación ante todo". Ademais, ducias de empresas destacadas e de fundacións privadas mobilizaron máis de 1.500 millóns de dólares en financiamento novo destinado a asegurar que todos os nenos, nenas e mozos reciban unha educación de calidade, axeitada e que os transforme.Western Union, a FundaciónWestern Union e a Fundación MasterCard foron das primeiras en materializar a súa axuda a favor desta iniciativa. A Fundación Western Union asumiu o compromiso de mobilizar directamente máis de 1.000 millóns de dólares en pro da educación mundial, achegando máis de 10.000 dólares por día en bolsas para un millón de días de escola. O programa da Fundación MasterCard "Scholars Program", unha iniciativa educativa dotada con 500 millóns de dólares, permitirá a 15.000 estudantes con aptitudes pero desfavorecidos -en especial da rexión de África- acceder a unha educación secundaria e universitaria, e finalizalas. A presentación de "A educación ante todo" tivo lugar no contexto da 67ª Sesión da Asemblea Xeral das Nacións Unidas. Entre os participantes figuraban Xefes de Estado e Ministros dos países, o Enviado Especial do Secretario Xeral para a Educación Mundial,Gordon Brown, directores doutros organismos das Nacións Unidas, novos, representantes da cidadanía e directores xerais das empresas máis destacadas.

Nos próximos cinco anos, a Educación ante todo centrarase en tres prioridades:escolarizar todos os nenos e nenas, mellorar a calidade do ensino e promover a cidadanía mundial. "Non debemos privar ningún neno ou nena da promesa dunha educación de calidade. É demasiado o que está en xogo. Cando damos prioridade á educación, podemos reducir a fame e a pobreza, poñer fin á dilapidación de capacidades e aspirar a conseguir sociedades máis sólidas e mellores para todos," afirmou o Secretario Xeral de Nacións Unidas.  

Grandes logros en educación

A finais da década de 1990 había 108 millóns de nenos e nenas en idade de asistir á escola primaria que estaban desescolarizados. Actualmente esta cifra descendeu a 61 millóns, segundo o Informe de Seguimento da Educación no Mundo da UNESCO, de próxima aparición. A disparidade entre a matriculación dos nenos e as nenas reduciuse tamén de forma notable. Trátase de logros considerables, debidos en boa medida á decisión adoptada tanto a escala nacional como internacional de actuar en pro da consecución dos obxectivos sobre a educación. Tras a presentación celebrouse un debate sobre os obxectivos da iniciativa e sobre a necesidade fundamental de conferir á educación un posto de máxima prioridade no temario mundial. A mesa redonda estivo presidida polo Vicesecretario Xeral das Nacións Unidas, Jan Eliasson, e contou coa participación de A súa Maxestade a Raiña Rania Al-Abdullah, de Xordania, deDaw Aung Sang Suu Kyi, de Myanmar, de Teopista Birungi Mayanja, de Uganda, que representaba os profesionais docentes, e de Charles Young, de Xamaica, que representaba á xuventude.