'El Intermedio' únese a Cumpledías
O programa da Sexta El Intermedio únese a UNICEF na loita contra a desnutrición infantil a través de Cumpledías e contará coa presenza do Embaixador de UNICEF España Imanol Arias no seu programa o martes 18 de decembro.
Esta campaña pon o foco sobre a idea de que a desnutrición coloca os nenos nunha situación tan precaria de supervivencia que cumprir días é un logro e un reto ao mesmo tempo. A acción ten como obxectivo asegurar a supervivencia infantil, que os nenos cumpran anos e poidan desenvolver plenamente todo o seu potencial. Os fondos obtidos con esta campaña destínanse aos programas deUNICEF na área de supervivencia infantil en todo o mundo. Calquera persoa pode participar na campaña a través da web , onde se propoñen accións de difusión e opcións de doazón; ou enviando un SMS coa palabra UNICEF ao 28028.Cada 1,20 euros doado equivale a un día de tratamento para un neno da desnutrición aguda grave, (o tratamento completo dura entre 3 e 4 semanas).
a importancia da loita contra a desnutrición
Case 20 millóns de nenos menores de cinco anos padecen desnutrición aguda grave, o que os pode colocar en risco de morte se non reciben atención. Ademais, uns 180 millóns de nenos menores de cinco anos en todo o mundo sofren desnutrición crónica. Se se produce nas primeiras etapas pode provocar un atraso no crecemento do neno, e o dano físico e cognitivo que causa é irreversible. A desnutrición crónica pódese previr, e a desnutrición aguda pódese tratar.