Eleccións 2015: os nenos xa teñen o seu programa electoral
As eleccións municipais e autonómicas están á volta da esquina e os nenos de 50 municipios españois xa prepararon o seu propio programa electoral.
Aínda que eles non poden ser elixidos comoalcaldes (aínda!), a idea é que ospolíticos teñan en conta as propostas deste
programa cando gobernen.
Despois de meses de traballo na dinámica Vota por
min , con participantes de 9 a 17
anos, estas son algunhas das súas máis de 100
propostas:
1. Crise e Familia. Os nenos queren que os
políticos se compromentan cuns
mínimos ante a situación económica. Propoñenaxudar ás familias con fillos a cargo e queren que
os pais e nais que traballan teña máis tempo libre para estar con
eles.
2. Sistema Educativo. Piden que se teña en conta a
súa opinión para mellorar a lei de educación.
Queren menos deberes ou distintos aos actuais, e
que sexan máis divertidos e útiles. Tamén ven importante terdereito a folga con 13 e 14 anos, sen que sexa
necesario faltar a clase.
3. Tecnoloxía. No seu programa, os nenos e
adolescentes deixan claro que os adultos teñen que aprender a
utilizar as novas redes e tecnoloxías redes para
poder comunicarse con eles ao cen por cen. Ademais, piden
facilidades e descontos para estudantes que
queiran comprar produtos tecnolóxicos.
4. Integración. Os rapaces e rapazas cren que é importante que os alumnos con necesidades especiais poidan ir a clase con eles. Para iso propoñen que haxa profesores dedicados a integrar nas aulas nenos con minusvalidez ou a dar clase de español para que os estranxeiros poidan seguir pronto as clases.
ELECCIóNS 2015: A OPINIÓN DOS NenOS CoNTA
6. Medio. O nenos buscan praias, bosques e ríos
máis limpos para poder gozalos. Apostan polareciclaxe e utilizar a bici para contaminar o
menos posible e gustaríalles ter máis hortos
escolares e comunitarios.
7. Violencia entre iguais. Os mozos están moi
preocupados polo acoso escolar e queren que toda a
sociedade coñeza este problema. Propoñen que paise profesores reciban formación para que poidan
axudarlles a solucionar os conflitos que xorden nos
colexios.
8. Participación. Pero o que os nosos nenos e
adolescentes queren sobre todo, é que os escoitemos. Cren que cando
se vaia tomar algunha decisión que lles afecte, ospolíticos deberían pedirlles opinión e tomala moi
en conta. Mesmo propoñen que se amplía o dereito a
votar a partir dos 14 ou 15 anos.