A Embaixadora de UNICEF España, Ana Duato, destaca avances en Haití
A actriz e Embaixadora de UNICEF España, Ana Duato, contou hoxe a súa experiencia tras regresar da súa segunda viaxe a Haití, nunha rolda de prensa na que tamén participaron a Presidenta de UNICEF España, Consuelo Crespo, e a Secretaria de Estado de Cooperación Internacional, Soraya Rodríguez, para falar dos avances producidos en Haití.
Ana Duato explicou como viu Haití quince meses despois do terremoto, os avances producidos no proceso de reconstrución e os desafíos pendentes. Para a Embaixadora de UNICEF España, oHaití de hoxe é moi diferente ao que se encontrou na súa primeira viaxe, 3 meses despois do terremoto. "Encontreime cun país que volveu á vida cotiá". "Hai unha imaxe de esperanza"."Da man de UNICEF, decátaste de que queda moito por facer, pero que xa se fixo moito", afirma mentres relata a súa viaxe e a historia de Nouselline, unha nena de 13 anos, á que coñeceu durante a súa visita. Despois do terremoto, Nousellineencontrouse soa nun hospital en estado de shock postraumático. Non podía recordar datos sobre a súa vida e a súa familia ata que, grazas ao labor realizado por UNICEF e a ONG haitiana, Heartland Alliance,Nouselline puido reunirse coa súa familia. "Vingo chea de agradecemento, de orgullo por ir da man deUNICEF e poder ser testemuña do esforzo que se está facendo", engadiu Duato.
Importantes logros e retos pendentes
Pola súa banda, Consuelo Crespo, comezou agradecendo "en nome de UNICEF España a impresionante resposta da nosa sociedade ante a situación de Haití" e destacou a importancia de que non se nos esqueza Haití. "
O ano pasado98.000 persoas, empresas e entidades, decidiron contribuír ao traballo de UNICEF tras o terremoto. Fixérono achegando máis de dez millóns de euros a este traballo. A esta cantidade, sumáronse outros dez millóns por parte do Ministerio de Asuntos Exteriores de España a través da súa Axencia de Cooperación (AECID) e outros 1,8 millóns achegados por Gobernos autonómicos e locais.
"UNICEF está a traballar moito", engadiu a Presidenta de UNICEF España, que fixo un repaso da acción de UNICEF no país e os avances alcanzados quince meses despois do terremoto.
Ao peche de 2010, o traballo de UNICEF - sempre en colaboración con outras organizacións e coas institucións públicas haitianas- conseguira que máis de 680.000 persoas tivesen acceso a auga potable durante a fase de emerxencia e 804.000 latrinas. Este esforzo en auga e saneamento foi reforzado durante o brote de cólera con campañas de prevención e distribución de case once toneladas de cloro e 45 millóns de comprimidos purificadores de auga.
Ademais, conseguiuse que non aumentase a taxa de desnutrición, cun gran traballo en prevención e tratamento que chegou a máis de 160.000 nenos e nais, aínda que agora, coa suba do prezo dos alimentos este logro está en risco. Por outra parte, puxéronse os recursos para que máis de 720.000 nenos poidan ir á escola, destacando a construción de escolas semi-permanentes, fabricadas con materiais anti-sísmicos e cunha durabilidade de 25-30 anos.
Nestes quince meses,1.400 nenos que se quedaron sós," foron reunificados coas súas familias, destacou a Presidenta deUNICEFEspaña.
A secretaria de Estado de Cooperación Internacional, Soraya Rodríguez, destacou que "é moi difícil explicar as dificultades reais coas que se topan os traballos de reconstrución dunha cidade que practicamente desapareceu co terremoto". Por iso, subliñou a importancia do compromiso da cooperación española con Haití.
Rodríguez viaxará ao país esta mesma semana para visitar os proxectos de reconstrución que se están a levar a cabo na illa grazas á sociedade española e, ademais, asistirá á toma de posesión do novo presidente haitiano, Michel Martelly.