Emerxencia en República Democrática do Congo
"Estamos no terreo chegando aos nenos afectados pola crise", di a Representante de UNICEF en República Democrática do Congo, Barbara Bentein, quen subliñou que UNICEF continuará traballando para atender as necesidades inmediatas dos nenos.
Durante a semana pasada, os enfrontamentos entre o grupo rebelde Movemento 23 de marzo (M23) e o exército congolés (FARDC) provocaron o desprazamento de miles de persoas dentro da provincia de North Kivu. Os nenos e as súas familias están na primeira liña dun conflito que corre o risco de estenderse a outras partes do país. O pasado domingo, o condutor de UNICEFMansour Rwagaza oíu disparos e bombardeos cando chegou ao centro Don Bosco con 20.000 galletas enerxéticas para os nenos desprazados. Moitos deles levaban 2 días sen comer nada. Rwagaza volveu tres días despois para entregar outro cargamento de galletas, co que o número de familias atendidas se elevou a 600.
os aliados son esenciais para dar resposta á emerxencia
"O impacto da nosa
acción é o resultado de fortes alianzas con aliados locais e
internacionais", dixo o Xefe de Operacións de UNICEF en Goma, Jean
Metenier.
O aliado de UNICEF Programa contra a
Extrema Pobreza e a Miseria (PAMI,
polas súas siglas en francés) estableceu puntos de escoita en cinco
localizacións co obxectivo de rexistrar menores non
acompañados e reunificalos coas súas familias.En resposta aos riscos que entrañan as municións sen explotar,
outro aliado de UNICEF está asensibilizar e informa sobre o risco das minas en
Goma e os seus arredores.
A través do Centro de Acción para Mozos e Nenos Desfavorecidos
(CAJED), UNICEF está a traballar para garantir a seguridade
dos nenos que foron desmobilizados dos grupos armados e para previr
que os volvan recrutar.Ademais, no pasado mes, os aliados humanitarios no terreo
expresaron en repetidas ocasións a súa preocupación polo
recrutamento de menores de idade. Xunto cos aliados, UNICEF estase a preparar para ampliar a capacidade
de desmobilización e posterior reintegración dos nenos.
UNICEF traballa para evitar posibles brotes de enfermidades
A ameaza de enfermidades transmitidas pola auga como a cólera tamén é constante. En resposta á perigosa combinación de amoreamento e tempada de chuvias, UNICEF e os seus aliados aumentaron a 55 o número de puntos de cloración de auga na área do Lago Kivu para garantir o tratamento da auga. Ademais estableceron 200 latrinas nas zonas onde se concentran os desprazados. Distribuíuse auga potable aos lugares que experimentaron unha afluencia masiva de desprazados no Centro DonBosco. Estase a levar a cabo o tratamento para os nenos que sofren desnutrición severa nos lugares que albergan os desprazados internos en Goma, en coordinación con varios aliados, comoCáritas e Médicos sen fronteiras- Holanda.
Apoio ás familias de Goma
Tan pronto como a situación de seguridade o permita, UNICEF e os seus aliados poñerán en marcha a distribución de artigos de primeira necesidade e intervencións de saúde para as familias desprazadas; están preparados para a súa distribución kits para 14.200 familias en Goma.Tamén están preparadas escolas de emerxencia e kits escolares para facilitar a volta á escola dos nenos unha vez que se estabilice a situación. Os nenos actualmente non poden asistir á escola, xa que estas están pechadas. "Facemos un chamamento a todas as partes no conflito a que fagan o imposible para protexer os dereitos de todos os nenos. A súa supervivencia e benestar dependen dunha preocupación compartida", dixo Bentein.