Emerxencias Humanitarias en 2012

UNICEF presentou en Xenebra o informe Acción Humanitaria para a Infancia 2012 no que describe as operacións humanitarias prioritarias que desenvolverá este ano en 25 países, onde millóns de persoas viven unha situación de extrema necesidade, especialmente na rexión do Corno de África.

"Se ben gran parte da atención mundial se centra nas necesidades humanitarias noCorno de África, non hai que esquecer aquelas emerxencias que hai dende hai moito tempo en todo o planeta, asemerxencias silenciosas", dixo Rima Salah, Directora Adxunta do Fondo de Nacións Unidas para Infancia, durante a presentación do informe. "No Sahel estamos a facer fronte a unha crise nutricional dunha magnitude maior do habitual. Ademais, as emerxencias na República Democrática do Congo, Chad e a República Centroafricana, por nomear só algunhas, necesitan financiamento para apoiar a supervivencia das persoas máis vulnerables, os nenos e as mulleres," agregou.

Nenos atrapados en situacións de emerxencia

O informe deUNICEF describe a situación cotiá á que se enfrontan os nenos máis vulnerables de todo o mundo e as mulleres atrapadas ensituacións de emerxencia, e inclúe un apartado que detalla o financiamento necesario para satisfacer as necesidades inmediatas e a longo prazo desta poboación. O documento destaca as operacións humanitariaslevadas a cabo no Corno de África, ondeUNICEF activou o seu nivel máis alto de resposta de emerxencia para executar unha acción de resposta destinada a salvar as vidas de centos de miles de nenos e mulleres cuxa supervivencia estaba ameazada. Tamén subliña as necesidades dos nenos e familias desprazadas pola violencia desatada tras as eleccións enCosta de Marfil en novembro de 2010, e pola independencia de Sudán do Sur da República de Sudán; así como as de cinco millóns de persoas afectadas polas inundacione, que por segundo ano azoutan Paquistán, e as operacións de recuperación de Haití, dous anos despois do terremoto. O informe cita a onda de axitación e cambio político experimentado en Oriente Medio e o norte de África, facendo referencia ás necesidades humanitarias de países como Iemen, unha nación que xa sufría unha prolongada crise de emerxencia.  

República Democrática do Congo, una emerxencia silenciosa que dura anos

Sobre as emerxencias de longa duración, o informe de UNICEFdestaca que "en todo o mundo, millóns de nenos viven no medio de crise que persiste  durante []anos. Se ben algunhas destas situacións de emerxencia atraen a atención dos medios de comunicación e dos políticos, outras non chaman a atención da comunidade internacional, converténdose en 'emerxencias silenciosas' con profundas necesidades humanitarias, afastadas da atención pública, que son esquecidas con demasiada facilidade e rapidez. "

 O informe fai fincapé na importancia da preparación e a capacidade de resistencia, como elementos cruciais para a redución de mortes e danos en situacións de emerxencia.

O conflito noleste e nordés da República Democrática do Congoten un profundo impacto en millóns de persoas dende hai moitos anos, segundo o informe. É unha longa emerxencia silenciosa. Ata xuño de 2011, máis de 1,5 millóns de persoas, a metade deles nenos, víronse obrigados a desprazarse pola violenciaétnica. Millóns de nenos de zonas afectadas por conflitos tiveron que abandonar as escolas, a violencia sexual foi unha práctica habitual nalgunhas rexións, e as epidemias de sarampelo e cólera ameazaban as vidas de moitos millóns de nenos.   
 

Logramos moitosresultados positivos nas emerxencia atendidas en 2011, pero as necesidades urxentes e a longo prazo de millóns de nenos e as súas familias continuarán en 2012. Para poder cumprir cos seus compromisos coa infancia, UNICEF necesita o financiamento axeitado, dixoSalah. "Non só representan o futuro senón tamén aos máis vulnerables, e merecen o apoio xeneroso e constante da comunidade de doadores. "  
 

Para poder levar a cabo as accións de emerxencia recollidas neste informe,UNICEF necesita 1.028 millóns de dólares (807,29 millóns de euros) cos que desenvolver os seus programas de infancia. Case un terzo da cantidade solicitada será destinada a atender a crise en Somalia e outros países do Corno de África.