Empeora a situación de millóns de nenos no Corno de África
UNICEF pediu unha ampliación inmediata da axuda para que chegue ás comunidades afectadas pola seca no Corno de África, e atender así as necesidades de máis de dous millóns de nenos, dos que medio millón están en inminente risco de morte.
A actual situación dedesnutrición severa empeorará, xa que non se prevén melloras nas condicións de seguridade alimentaria ata comezos de 2012. "En moitas das comunidades máis pobres a xente está tan empobrecida ou debilitada, que non é capaz de intentar andar en busca de axuda", asegurou Anthony Lake, Director Executivo de UNICEF.
preto de 11 millóns de persoas en risco
Na rexión, preto de11 millóns de persoas están enperigo. Miles de mulleres e nenos están a fuxir cada día do centro e sur de Somalia. Non obstante, a crise vai máis alá dos desprazamentos diarios dos refuxiados que van a Kenya e Etiopía, tamén está a afectar a subsistencia de millóns de campesiños e pastores nestes dous países, que dependen da chuvia para sobrevivir. Durante a súa visita á árida rexión de Turkana, ao norte de Kenya, Lake presenciou o rostro silencioso da crise. Reuniuse con pastores cuxos medios de subsistencia se viron afectados polas consecuencias de dez anos de seca. As taxas de desnutrición nalgunhas zonas deTurkana disparáronse ata o 37%. No pobo de Kapua, un punto de distribución de alimentos, centos de pastores nómades reuníronse para compartir as súas experiencias. A interrupción da cadea de alimentos fai que assubministracións sexan agoraesporádicas einadecuadas.
Necesidade de aumentar a resposta á emerxencia
Lake escoitou unha muller que camiñara dende o amañecer ata mediodía para buscar auga na canle dun río seco. Contoulle que os nenos sobreviven,
se son afortunados, cunha comida ao día, composta a miúdo unicamente de noces de palma. Ademais, as nais lactantes non producen suficiente leite para alimentar os seus recén nacidos.Unha situación que se repite noutras comunidades de zonas áridas e semi áridas deKenya, Etiopía, Djibouti e Somalia. "Isto non é só unha cuestión de vidas ameazadas, senón de que a vida está ameazada", asegurou.Lake comprometeuse a queUNICEF seguirá traballando estreitamente cos seus aliados para aumentar a resposta á emerxencia na rexión, que recibiu poucos fondos durante moitos anos.
Pediu ademais á comunidade internacional e aos doadores privados que incrementen as súas doazóns a UNICEF, o Programa Mundial de Alimentos, ACNUR e outros colaboradores, e que centren os seus novos esforzos nabusca de solucións que fagan fronte ápobreza enraizada e á vulnerabilidade da rexión.
Nas zonas afectadas pola seca do Corno de África, UNICEFtraballa cos seus aliados para tratar a desnutrición aguda a través de programas de alimentación terapéutica; subministrando medicinas e vacinas para previr enfermidades; mellorando o acceso a auga potable a través da reparación de estacións de bombeo, realizando perforacións,clorando as fontes de auga e levando auga en camións cisterna; apoiando a educación a través de espazos temporais de aprendizaxe e usando kits de Escolas nunha maleta; e aumentando as medidas de protección para asegurar que os nenos están a salvo da violencia, os abusos e a explotación.UNICEF realizou unha petición de fondos de 31 millóns de dólares (21,91 millóns de euros) para cubrir os custos das operacións máis urxentes.