Empeora a situación no Corno de África: tres novas zonas de Somalia con fame
A emerxencia nutricional no Corno de África vaise agravando cada vez máis. A ONU declarou fame en tres novas zonas de Somalia pola deterioración da situación e advirte que todo o sur de Somalia podería entrar nunha situación de fame nos próximos dous meses.
O anuncio chega pouco despois dunha declaración similar realizada hai dúas semanas que cobre outras dúas rexións dese país, Lower Shabelle eBakol. Os novos distritos son Middle Shabelle (as áreas agropastorales de Balcad e Cadale), os asentamentos de desprazados no corredor de Afgoye e a comunidade de desprazados de Mogadiscio.Xa se perderon centos de miles de vidas en Somalia así como nos países veciños e moitas máis están en xogo. Non obstante, a resposta humanitaria da comunidade internacional segue sendo lenta nesta crise que continúa empeorando. A menos que se produza un aumento da asistencia e os alimentos, os expertos vaticinan unha rápida propagación da fame.
os nENos lOITan por sobrevivir
En total,máis de 11 millóns de persoas necesitan axudadesesperadamente nos países do leste de África afectados pola seca, os conflitos e o aumento do prezo dos alimentos. Entre as necesidades máis urxentes para responder a esta crise hai que destacar os alimentos terapéuticos para nenos desnutridos, a auga potable para o seu envío en camións cisterna ás zonas de seca e asmosquiteiras para previr a malaria. Os refuxios e os espazos temporais de aprendizaxe para os nenos son tamén unha prioridade para a protección da infancia, que nestas situacións se enfrontan a unha maior vulnerabilidade.
"É absolutamente necesario realizar operacións de transporte aéreo para distribuír os alimentos terapéuticos listos para usar", di Afshan Khan, Directora da Oficina de Alianzas co Sector Público e Mobilización de Recursos de UNICEF. De modo que se hai doazóns en especie que inclúan operacións de transporte aéreo," será de grande utilidade.
Brecha NO financiaMENTO
A pesar das repetidas advertencias de moitos organismos da ONU con respecto á gravidade da situación no Corno de África, a resposta dos
doantes -tanto públicos coma privados- foi limitada. Ata a data, UNICEF enfróntase a un déficit de financiamento de máis de 200 millóns de dólares para as súas operacións de emerxencia na rexión, incluídos máis de 120 millóns de dólares soamente para Somalia."Só cando a xente empezou a cruzar as fronteiras", afirma Khan, "o mundo puido comprobar a gravidade da situación á que fan fronte os nenos: as graves imaxes de nenos que estaban desnutridos, morrendo non só por falta de alimentos senón por falta de auga".
Os nenos están tamén a morrer "a causa do sarampelo e outrasepidemias que se poderían tratar doadamente se tivésemos os recursos suficientes para vacinar os nenos, para asegurarse de que reciban unha nutrición apropiada... e unha provisión de auga potable e saneamento".
UNICEF xa lanzou unha campaña de vacinación contra o sarampelo e apolio no Corno de África, nos arredores de Dadaab e no sur de Somalia, xa que os nenos con desnutrición son máis vulnerables a contraer estas enfermidades. Non obstante, é necesario reforzar esta resposta.
"UnHa obRigación moral"
"Hai moito traballo por facer a curto prazo para axudar a resolver a crise inmediata", expón Khan, " pero tamén a medio e longo prazo para aumentar a capacidade de recuperación e os mecanismos de supervivencia das comunidades que xa sufriron os efectos dun ciclo de secas e inundacións" "durante varios anos". Todos os ollos están postos na comunidade internacional para que adopte medidas máis coordinadas en nome dos nenos en perigo no Corno de África.
"Os nenos non poden elixir onde nacen, cales son os seus proxenitores, que tipo de goberno lles dirixe, en que tipo de contexto van crecer, prosperar e sobrevivir", destaca Khan."Hai unha obriga moral de responder nesta crise. Todos somos seres humanos".