As empresas e os dereitos da infancia
Pacto Mundial, UNICEF e Save the Children presentaron os Dereitos de Infancia e Principios para Empresas, unha petición ao mundo empresarial para que aumente os seus esforzos no respecto e apoio dos dereitos dos nenos e nenas no ámbito laboral, nos mercados e na comunidade.
Cubrindo un amplo abano de temas clave, dende as peores formas de traballo infantil a prácticas de mercadotecnia ou ao papel das empresas á hora de proporcionar axuda aos nenos afectados por emergencias, os Principios piden ás empresas de todo o mundo que defendan os dereitos da infancia nas súas políticas empresariais e que tomen medidas para avanzar no ámbito destes dereitos. Os Principios conteñen un amplo abano de medidas, dirixidas ás empresas, para previr e xestionar impactos adversos relacionados coas súas actividades e relacións, e maximizar impactos positivos nas vidas dos nenos. Pretenden servir de referencia para actividades empresariais relacionadas coa infancia, e para promover a colaboración entre as múltiples partes interesadas. Son aplicables a calquera actividade empresarial, independentemente do seu tamaño, sector, localización, propiedade ou estrutura.
Compromiso das empresas cos nenos
"Pido a todos os líderes empresariais en todo o mundo que se adhiran ao espírito dos Principios", dixo o Secretario Xeral de Nacións Unidas,Ban Ki-moon, nun comunicado en apoio dos Principios e os esforzos feitos polos implicados no seu desenvolvemento. O Secretario Xeral engadiu que "as empresas, cada vez máis, recoñecen a súa responsabilidade de respectar os dereitos dos membros máis novos da nosa sociedade. Ademais, moitas empresas están comprometidas cos nenos e traballan con gobernos e sociedade civil para avanzar nos dereitos da infancia. Cando a nenos e nenas se refire, todos debemos facer máis". Os gobernos a todos os niveis teñen o deber de protexer, respectar e cumprir cos dereitos dos nenos. Non obstante, todos os actores sociais, incluíndo empresas e sociedade civil, deben cumprir coas respectivas leis nacionais e estándares internacionais sobre dereitos de infancia.
Dereitos da infancia e principios para empresas
- Cumprir coa súa responsabilidade de respectar os dereitos da infancia e comprometerse a apoiar os dereitos humanos dos nenos e nenas
- Contribuír áeliminación das peores formas de traballo infantilen calquera tipo de negocio ou actividade empresarial
- Ofrecer untraballo digno a mozos traballadores, pais e persoas que teñan nenos ou nenas ao seu cargo
- Asegurar aprotección e seguridade dos nenos e nenas en calquera actividade empresarial e nas instalacións da devandita actividade
- Asegurar que osprodutos e servizos sexan segurose que apoien os dereitos dos nenos e nenas
- Utilizar técnicas demercadotecnia e publicidade que respecten e apoien os dereitos dos nenos e nenas
- Respectar e apoiar os dereitos da infancia en relación comedio e a adquisición e o uso de terras
- Respectar e apoiar os dereitos dos nenos e nenas no establecemento de medidas de seguridade
- Axudar a protexer os nenos e nenas afectados poremerxencias
- Reforzar os esforzos de gobernos e comunidades para protexer os dereitos dos nenos e nenas