En directo cos #niñosdeSiria

'Hora 25' emitirá un programa especial dende Xordania o próximo luns despois de visitar campos de refuxiados

A xornalista Àngels Barceló e un equipo da Cadea SER encóntranse en Xordania para informar sobre o terreo da situación dos refuxiados sirios e dar a coñecer o traballo de UNICEF e doutras organizacións nos campos de refuxiados dos países limítrofes, e en Sirya.

Como consecuencia do conflito morreron 70.000 persoas en Sirya, e hai 4 millóns de persoas afectadas dentro e fóra do país. A metade son nenos afectados pola violencia, os desprazamentos masivos e a falta de recursos básicos que está a provocar esta crise. UNICEF traballa dentro e fose de Sirya e dende o inicio do conflito proporcionando subministracións de emerxencia, auga potable, servizos de saúde, educación e protección.


Como resultado do traballo de UNICEF e os seus colaboradores, 4 millóns de persoas dentro de Sirya teñen agora acceso a auga potable e 1,5 millóns de nenos foron vacinados contra o sarampelo e a poliomielite. Ademais, uns 75.000 nenos afectados poden continuar os seus estudos.

Programa especial de 'Hora 25' para apoiar os refuxiados sirios
"Estamos no Campo de refuxiados sirios de Za'atari, en Xordania, para coñecer a situación dos nenos e outra vez teño a sensación de estar nun sitio onde ninguén debería vivir" asegurou Àngels Barceló á súa chegada aAmman, para realizar esta cobertura especial que comezou hoxe, venres con conexións en directo nos principais programas da cadea.
 
A viaxe concluirá o próximo luns coa emisión dun programa especial de Hora 25dende Xordania, onde chegaron máis de 350.000 refuxiados fuxindo do
conflito en Sirya. 
 
No programa participarán entre outros, o Representante de UNICEF en Sirya, Youssouf Abdeljelil, o Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados, Antonio Guterres; o coordinador de UNICEF para a emerxencia en Iraq, Jorge Caravotta; familias, nenos e outros afectados pola crise en diferentes países.

Nos países veciños -Xordania, Líbano, Iraq e Turquía- UNICEF presta apoio a máis de 300.000 nenos refuxiados que fuxiron da guerra.
 
 
 
Grave escaseza de fondos para protexer os nenos de sirya
Non obstante, estes esforzos están ameazados por unha grave escaseza de fondos. En decembro de 2012, UNICEF fixo un chamamento de 195 millóns de dólares (149,95 millóns de euros) para prestar asistencia vital ata xuño de 2013 aos nenos sirios e ás súas familias. Ata a data,os fondos do chamamento apenas alcanzan o 20% do total.

Por esa razón, durante o especial de Hora 25realizaranse chamamentos para que calquera persoa poida colaborar enviando un SMS coa palabra UNICEF ao 28028 ou através da web que permitirá que UNICEF poida seguir traballando para garantir os dereitos de todos os nenos.