"En Sahel, miles de nenos necesitan tratamento"
Pau Gasol, medalla de Prata nos Xogos Olímpicos 2012, bicampeón da NBA e Embaixador de UNICEF España dende 2003, visitou nos últimos días varias zonas da rexión de Kanem, en Chad, onde miles de familias sofren os efectos da crise alimentaria e nutricional no Sahel.
Tras coñecer de primeira man o traballo que realiza UNICEF xunto con 71 aliados e as comunidades afectadas, Pau conclúe a súa viaxe a Chad constatando que "grazas á axuda de todos se están a salvar moitas vidas". "En Chad xa recibiron tratamento contra a desnutrición a metade dos nenos afectados, pero non debemos esquecer que en todo Sahel aínda hai centos de miles de nenos que necesitan este tratamento, temos que seguir poñendo o noso granito de area".
[]
UNICEF conseguiu que máis de 336.000
nenos reciban tratamento no Sahel no que vai de ano. O obxectivo é chegar a700.000 nos próximos meses para atallar as
consecuencias dunha crise que afecta a 18 millóns de
persoas en nove países desta rexión africana. A crise ten
as súas causas na pobreza extrema, a seca, o incremento do prezo
dos alimentos e osconflitos.
Durante a súa
estanza en Chad Pau Gasol pasou tres
días na capital, N'Djamena, e outros tres días enKanem, onde coñeceu o
traballo de UNICEF enMao eMiouh, unha pequena
aldea na que se abriu un centro nutricional,
instalouse un pozo de auga, apóiase aescola con formación de mestres e material
escolar, e promóvense os hábitos de hixieneproporcionando subministracións e información práctica para evitar
enfermidades como a cólera.
A RECUPERACIÓN DE FATIME
"É moi
importante poder chegar a lugares comoMiouh, onde as familias teñenproblemas que non poderían abordar sen o
apoio de organizacións como UNICEF", dixo o Embaixador deUNICEF España.
Como exemplo do alcance da axuda, referiuse a unha das nenas que
coñeceu nesta viaxe, "Fatime, unha nena que está en tratamento
por desnutrición no centro terapéutico de Mao. Vive a 60 quilómetros deste centro nun
poboado en medio da area, sen estradas, pero grazas á rede
de traballo de UNICEF e outras
organizacións, hoxe está a recuperarse. Historias como
esta repítense".
En Mao, Pau tamén coñeceu o programa de UNICEF para fomentar os hábitos de
hixiene entre os nenos, arbitrando un partido de fútbol e
pedindo aos nenos que, ao rematar, se lavaran as mans, unha
práctica que evita enfermidades mortais. Na mesma escola, compartiu
unhas horas con nenos que asisten a cursos de 'repesca' para os
escolares que non puideron finalizar o curso debido á crise
nutricional.
Xunto coa FAO e oPMA, visitou unwadi, áreas similares a oasis nas que
a implantación dun sinxelo sistema de rego e a repartición de
sementes contribúe á supervivencia de familias.
En N'Djamena Pau
Gasol compartiu co Ministro de Xuventude e
Deportes, Haikal Zacharia, a
súa convicción de que o deporte é "unhaferramenta excepcional para o fomento de valores, para o
desenvolvemento dos nenos e para contribuír ao desenvolvemento dos
seus países,". Nun acto organizado por UNICEF, o Goberno de Chad, a Federación e a Liga
de Baloncesto, Pau incidiu nesta
mensaxe e participou en varios partidos de equipos
xuvenís.
‘O Proxecto de Pau’
Chad é o cuarto
país que Pau Gasol visitou como
Embaixador de UNICEF España. A
primeira viaxe foi en 2005 aSudáfrica para coñecer proxectos de loita contra oVIH/SIDA infantil, ao igual que enAngola en 2007.
A súa terceira viaxe foi en 2010 aEtiopía, onde o xogador de baloncesto decidiu
implicarse persoalmente con OProxecto de Pau a través
de Escolas para África, unha iniciativa da
Fundación Nelson Mandela, a Sociedade
de Hamburgo e UNICEF para aescolarización infantil. O Proxecto de Pau foi reflectido nundocumental producido por laSexta e dende a súa
posta en marcha supuxo as seguintes
accións:
- 12.000 nenos que viven en zonas remotas puideron volver á escola grazas á construción, reparación ou equipamento de 80 aulas de ensino alternativo situadas en 32 áreas distintas.
- Formación de160 educadores para centros de educación temperá en preparación de materiais de ensino, métodos educativos e en apoio e coidado dos nenos.
- Adquisición e distribución de kits de ensino e formación de educadores para a súa utilización.
- Formación de15.000 pais.
- Renovación de11 centros de educación temperá e construción e equipamento de 21.
Á parte da súa
vinculación directa co proxecto de Etiopía, O Proxecto de Pau impulsou campañas e iniciativas
pola supervivencia e o desenvolvemento
infantil, especialmente en apoio dos programas denutrición e saúde de UNICEF para a prevención dadesnutrición e para a acción en crises
humanitarias como as de Corno de África(2011) e o Sahel (2012). Pau Gasol colabora con accións de UNICEF tanto en España coma en Estados Unidos,
onde reside habitualmente.